>>>>>> Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46 >>>>>> Conectador (11xGNOME) = 11 >>>>>> Conexión (KDE) = 1 >>>>>> >>>>>> O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket". >>>>> >>>>> socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador. >>>> >>>> Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal non >>>> se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución máis fácil >>>> de entender polas persoas máis especializadas, que sen dúbida é "socket". >>> >>> Polo tanto optas pola non tradución. >>> Eu prefiro traducir, xa que se seguimos ese criterio implica que o galego >>> non ten linguaxe técnico, polo "linguaxe técnico galego" = "linguaxe técnico >>> inglés". >> >> Home, eu tampouco diría que opto pola non tradución, eu referíame a este >> caso concreto, pois non me soa de ver traducido socket en ningún idioma, > > en francés por exemplo > http://en.fr.open-tran.eu/suggest/socket > e portuges do brasil > http://en.pt_br.open-tran.eu/suggest/socket > Neste ultimo caso o que fan é adaptalo a súa lingua.
Nalgúns casos. Onde si o adaptan é no catalán "endoll" en KDE e "sòcol" no resto. No francés creo que o deixan coma "socket" e tamén coma "connecteur". En italiano "Invariato". En castelán "socket", "enchufe", "zócalo", "conexión". Penso que no galego tamén se ten traducido algunha vez coma "conexión" o que non está totalmente mal, porque ten relación, pero tampouco é exacto. No referente ó hardware, o "socket" é onde se conecta a CPU, ou sexa, o "zócolo", e penso que neste ámbito non hai discusión posible. A veces é mellor mirar tamén nos glosarios http://wiki.mancomun.org/index.php/Outros_recursos O que hai que facer é atopar unha tradución que teña o significado que buscamos, e despois usar esa tradución en todas partes. Co tempo a xente non botará en falta "socket". Isto mesmo sucedeu con "wireless" e "inarámico"; unha vez que se comezou a usar "sen fíos" en todas partes creo que a xente captou a idea. Ata logo, Leandro Regueiro

