> Hai unha publicación da UVigo (Servicio de normalización lingüistica) do > ano 94 "Vocabulario de informática, Galego-Ingles-Castelán) [Javier Gomez > Guinovart, Anxo Lorenzo Suárez] no que na pax.99 lese: > > zócolo m > zócolo para coprocesador > (EN) socket > (ES) zócalo > > Cado falámos dun "socket" físico non hai dúbida, o problema xuerde cando > falamos (p.ex.) de > http://es.wikipedia.org/wiki/Socket_de_Internet > ou cando falamos dun punto final de conexión > http://www.masadelante.com/faq-socket.htm > > é cando xa nos liamos, é neste caso onde eu prefiro deixar "socket" sen > traducir xa que (neste segundo caso) debería ser "conectador" (que creo > que, como alguén dixo, é ambiguo) ou mellor aínda "enchufe".
Pois se existe unha tradución axeitada, poderiamos acordar traducilo dunha ou doutra forma segundo o contexto, en lugar de dicir que como pode significar varias cousas segundo o contexto non o imos traducir. Poderiamos engadir entre parénteses no glosario de Trasno o contexto no cal é axeitada cada unha das traducións. Un saúdo!

