>>>>> Socket     (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
>>>>> Conectador (11xGNOME) = 11
>>>>> Conexión   (KDE) = 1
>>>>>
>>>>> O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".
>>>>
>>>> socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.
>>>
>>> Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal non
>>> se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución máis fácil
>>> de entender polas persoas máis especializadas, que sen dúbida é "socket".
>>
>> Polo tanto optas pola non tradución.
>> Eu prefiro traducir, xa que se seguimos ese criterio implica que o galego
>> non ten linguaxe técnico, polo "linguaxe técnico galego" = "linguaxe técnico
>> inglés".
>
> Home, eu tampouco diría que opto pola non tradución, eu referíame a este
> caso concreto, pois non me soa de ver traducido socket en ningún idioma,
> ademais de que penso que ninguén comprendería o significado de 'conectador'.
> Nos casos nos que a tradución permita seguir comprendendo o significado por
> suposto que aposto pola tradución.

A verdade é que si que optas pola non tradución, a non ser que
consideres que socket é unha palabra galega.

Respecto ó de que a xente non o asocia, unha vez que o viron unha e
outra vez si que o terminan asociando. Isto mesmo pasoume hai pouco
tempo co "antever" de Marce.

Eu digo que conectador pode ter problemas, por iso non o vexo claro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a