Adrián Chaves Fernández escribiu:
Hai unha publicación da UVigo (Servicio de normalización lingüistica) do
ano 94 "Vocabulario de informática, Galego-Ingles-Castelán) [Javier Gomez
Guinovart, Anxo Lorenzo Suárez] no que na pax.99 lese:

zócolo m
zócolo para coprocesador
(EN) socket
(ES) zócalo

Cado falámos dun "socket" físico non hai dúbida, o problema xuerde cando
falamos (p.ex.) de
http://es.wikipedia.org/wiki/Socket_de_Internet
ou cando falamos dun punto final de conexión
http://www.masadelante.com/faq-socket.htm

é cando xa nos liamos, é neste caso onde eu prefiro deixar "socket" sen
traducir xa que (neste segundo caso) debería ser "conectador" (que creo
que, como alguén dixo, é ambiguo) ou mellor aínda "enchufe".

Pois se existe unha tradución axeitada, poderiamos acordar traducilo dunha ou doutra forma segundo o contexto, en lugar de dicir que como pode significar varias cousas segundo o contexto non o imos traducir.

Poderiamos engadir entre parénteses no glosario de Trasno o contexto no cal é axeitada cada unha das traducións.

Concordo, sempre que se traduza.
Que culpa ten o noso idioma de ser tan "rico"? se temos dous termos para un mellor, mais claro, simplemente hai que ter o contexto e listo! No glosario hai moitos termos que lle pasa isto mesmo, en función do contexto é unha ou outra opción.

Un saúdo!


Responderlle a