Leandro Regueiro escribió:
Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión (KDE) = 1
O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".
socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.
Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal non
se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución máis fácil
de entender polas persoas máis especializadas, que sen dúbida é "socket".
Polo tanto optas pola non tradución.
Eu prefiro traducir, xa que se seguimos ese criterio implica que o galego
non ten linguaxe técnico, polo "linguaxe técnico galego" = "linguaxe técnico
inglés".
Home, eu tampouco diría que opto pola non tradución, eu referíame a este
caso concreto, pois non me soa de ver traducido socket en ningún idioma,
ademais de que penso que ninguén comprendería o significado de 'conectador'.
Nos casos nos que a tradución permita seguir comprendendo o significado por
suposto que aposto pola tradución.
A verdade é que si que optas pola non tradución, a non ser que
consideres que socket é unha palabra galega.
Respecto ó de que a xente non o asocia, unha vez que o viron unha e
outra vez si que o terminan asociando. Isto mesmo pasoume hai pouco
tempo co "antever" de Marce.
Eu digo que conectador pode ter problemas, por iso non o vexo claro.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Estou totalmente de acordo en que é mellor tentar traducir todo, para
que aínda que algunhas palabras se vexan estrañas a primeira vez, o
usuario as vaia asociando e rematen por quedar plenamente establecidas.
Tampouco quero que pensedes que estou intentando "optar" por unha
política xenérica de tradución de termos técnicos. Simplemente este caso
chamoume a atención porque penso que é un termo que nunca van ver nin
manexar os usuarios correntes, ademais de que considero que é un
neoloxismo (aínda que en inglés teña un significado concreto) que todo o
mundo coñece co mesmo nome en calquera idioma.
Por outra banda, a opción de conectador tamén me parece demasiado ambigua.
Saúdos