Adrián Chaves Fernández escribió:
Hai unha publicación da UVigo (Servicio de normalización lingüistica) do
ano 94 "Vocabulario de informática, Galego-Ingles-Castelán) [Javier Gomez
Guinovart, Anxo Lorenzo Suárez] no que na pax.99 lese:
zócolo m
zócolo para coprocesador
(EN) socket
(ES) zócalo
Cado falámos dun "socket" físico non hai dúbida, o problema xuerde cando
falamos (p.ex.) de
http://es.wikipedia.org/wiki/Socket_de_Internet
ou cando falamos dun punto final de conexión
http://www.masadelante.com/faq-socket.htm
é cando xa nos liamos, é neste caso onde eu prefiro deixar "socket" sen
traducir xa que (neste segundo caso) debería ser "conectador" (que creo
que, como alguén dixo, é ambiguo) ou mellor aínda "enchufe".
Pois se existe unha tradución axeitada, poderiamos acordar traducilo dunha ou
doutra forma segundo o contexto, en lugar de dicir que como pode significar
varias cousas segundo o contexto non o imos traducir.
Poderiamos engadir entre parénteses no glosario de Trasno o contexto no cal é
axeitada cada unha das traducións.
Un saúdo!
Dende logo que na acepción de zócolo da CPU non cabe dúbida de que é
aconsellado traducilo, pero no outro caso atopámonos cun concepto
totalmente diferente, empregado en distintos ámbitos e con fins que non
teñen nada que ver. É mágoa que compartan a palabra en inglés, pero
realmente estamos a falar de dúas cousas distintas, e eu penso que esta
discusión só está centrada no concepto de 'conectador'.
Saúdos