Tomás Teijeiro Campo escribiu:
damufo escribió:


Tomás Teijeiro Campo escribiu:
damufo escribió:


Leandro Regueiro escribiu:
Socket     (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión   (KDE) = 1



O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".


socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.



Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal non se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución máis fácil de entender polas persoas máis especializadas, que sen dúbida é "socket".

Polo tanto optas pola non tradución.
Eu prefiro traducir, xa que se seguimos ese criterio implica que o galego non ten linguaxe técnico, polo "linguaxe técnico galego" = "linguaxe técnico inglés".


Home, eu tampouco diría que opto pola non tradución, eu referíame a este caso concreto, pois non me soa de ver traducido socket en ningún idioma,
en francés por exemplo
http://en.fr.open-tran.eu/suggest/socket
e portuges do brasil
http://en.pt_br.open-tran.eu/suggest/socket
Neste ultimo caso o que fan é adaptalo a súa lingua.

Calquera destas dúas opcións váleme (e ollo, é miña opinión) o que non me vale é converter cada vez máis en irregular o galego, eu polo menos intento en non contribuir a iso. Se queres explícoche o motivo.


ademais de que penso que ninguén comprendería o significado de 'conectador'.
Todo o mundo ten a capacidade de aprender, non? Se nos dicionarios só puxesen os termos que todo o mundo sabe, penso que as 1000 palabras do sr maurer sobrarían.
Nos casos nos que a tradución permita seguir comprendendo
o significado por suposto que aposto pola tradución.

Se alguén aprendeu o que é socket é ou ben porque alguén optou por non traducilo ou porque leu a documentación en ingles. E por suposto, sempre hai glosarios que teñen o termo orixe e a tradución. Pensas que os que escriben os texto en ingles, mudan un termo a galego porque un galego non o vai entender? e ollo non quero parecer radical so expreso miña opinión. Ou cando un escribe unha documentación e emprega un termo vai usar outro menos axeitado porque haxa quen non o entenda? este razoamento pareceme moi pobre, hai dicionarios, glosarios... Insisto, a miña é unha opinión máis e respecto todas (aínda que non as comparta).

Saúdos

Responderlle a