2009/3/13 Tomás Teijeiro Campo <tomas.teije...@gmail.com>:
>
>
> Adrián Chaves Fernández escribió:
>>>
>>> Hai unha publicación da UVigo (Servicio de normalización lingüistica) do
>>> ano 94 "Vocabulario de informática, Galego-Ingles-Castelán) [Javier Gomez
>>> Guinovart, Anxo Lorenzo Suárez] no que na pax.99 lese:
>>>
>>> zócolo m
>>> zócolo para coprocesador
>>> (EN) socket
>>> (ES) zócalo
>>>
>>> Cado falámos dun "socket" físico non hai dúbida, o problema xuerde cando
>>> falamos (p.ex.) de
>>> http://es.wikipedia.org/wiki/Socket_de_Internet
>>> ou cando falamos dun punto final de conexión
>>> http://www.masadelante.com/faq-socket.htm
>>>
>>> é cando xa nos liamos, é neste caso onde eu prefiro deixar "socket" sen
>>> traducir xa que (neste segundo caso) debería ser "conectador" (que creo
>>> que, como alguén dixo, é ambiguo) ou mellor aínda "enchufe".
>>
>> Pois se existe unha tradución axeitada, poderiamos acordar traducilo dunha
>> ou doutra forma segundo o contexto, en lugar de dicir que como pode
>> significar varias cousas segundo o contexto non o imos traducir.
>>
>> Poderiamos engadir entre parénteses no glosario de Trasno o contexto no
>> cal é axeitada cada unha das traducións.
>
> Dende logo que na acepción de zócolo da CPU non cabe dúbida de que é
> aconsellado traducilo, pero no outro caso atopámonos cun concepto totalmente
> diferente, empregado en distintos ámbitos e con fins que non teñen nada que
> ver. É mágoa que compartan a palabra en inglés, pero realmente estamos a
> falar de dúas cousas distintas, e eu penso que esta discusión só está
> centrada no concepto de 'conectador'.

Eu optaria por "conexión", pero iso non é aplicable en tódolos contextos.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a