Karl García Gestido escribiu:
O Venres 17 Abril 2009 08:55:29 damufo escribiu:
Karl García Gestido escribiu:
(...)
club, clubes?
este é un caso, curioso, a pesar de estar asentado clube a rag dí que é
club (para o estraviz é clube),encanto ao plural resulta que a rag dí
que é clubs
curioso e ainda que non ten que ver, en español é clubes.
polo que nos queda segundo a rag club, clubs este tipo de cousas son as
que non acabo de comprender.
De entender é doado, o difícil se saber de onde sacaron ese criterio cando normalmente usan outros. Logo de -b, plural en -s.
club->clubs
pub->pubs
glub->glubs? XD

Non sabía que o correcto era club, clubs... vaites.
Xa ves.
Este é un dos casos (practicamente o único) nos que me nego a seguir a normativa precisamente porque penso que a normativa non segue a normativa, cando o tiña doadísimo, pois penso que clube está mais que asentado e adaptándose ao galego perfectamente. Para min clube, clubes igual que no seu día comentei que blogue blogues.



Saúde!!

Responderlle a