Karl García Gestido escribiu:
O Xoves 16 Abril 2009 18:50:31 damufo escribiu:
Karl García Gestido escribiu:
O Xoves 16 Abril 2009 16:07:51 Leandro Regueiro escribiu:
(...)

Estou de acordo en que ten que haber flexibilidade para crear novos
termos, sempre e cando non existe un xa. isto leva a que sería bo que
houbese quen se adicase a isto e poder consultalo e pedir a xeración dun
novo, mais penso que de momento isto non existe.
Por outra banda, os novos termos penso que deberían manter a
uniformidade en canto a regras, desde o meu punto de vista, converter
unha lingua en máis irregular do que o é non é nada positivo e dificulta
a aprendizaxe.
Bueno, a terminoloxía específica acostuma a haber que "chapala", así que non creo que se perdese demasiado.

En realidade non é nada que non se faga a cotío. É normal que se manteña un certo límite en idiomas de ampla extensión, coma o castelán ou o portugués, que teñen glosarios específicos dende hai moito (pero non son tan usados nos diversos ámbitos coma o inglés, polo que os cambios non se propagan suficientemente rápido), pero os idiomas que non dispomos deses glosarios especializados e que non estamos tan amplamente difundidos tamén temos a oportunidade de adaptar o idioma ao mundo real.

Por suposto, en moitas ocasións haberá termos que dispoñan dun equivalente axeitado... pero en outras, ou ben non existe ou ben non hai un adecuado, pola propia xénese do orixinal inglés. Así, temos equivalentes para hardware e para software, pero ningún sería sensato para sustituir.. o máis semellante que temos mantendo os matices das palabras inglesas son locucións completas, o que non é axeitado.

Doutra banda, a facilidade coa que no inglés se forman palabras a partires doutras ben por mor da súa curta extensión: unha palabra composta inglesa consta de tres ou catro sílabas, namentres que en galego, coma noutros idiomas, daría unha de cinco ou incluso máis sílabas... así que non sempre é solución imitar a solución inglesa.

licenza, preferencia, cal é a regra?
club, clubs
club, clubes?
este é un caso, curioso, a pesar de estar asentado clube a rag dí que é club (para o estraviz é clube),encanto ao plural resulta que a rag dí que é clubs
curioso e ainda que non ten que ver, en español é clubes.
polo que nos queda segundo a rag club, clubs este tipo de cousas son as que non acabo de comprender.

récord (de mellor marca), récords?? pareceme incrible que en galego non
exista unha equivalencia (plusmarca?).
plusmarca é un exemplo estupendo de creación de nova palabra por adición.

penso (e xa me estou a meter onde non me chaman) que os novos termos a
incluír han de contribuír á norma e non a irregularizar a lingua.
Ben, crear un termo non quere dicir que se poida facer calqueira cousa e esquecer as regras de composición normais... en realidade, o feito de que sempre se fixo é o que nos da a posibilidade de alomenos consideralo.

Temos feito pero desfeito, afeito, refeito; -riba pero enriba, arriba, derriba. En galego derriba tamén significa "tirar", ademais de "situado enriba" ("quita iso derriba da porta")?
Outras palabras aparecen polo regular uso dunha conxugación: xerundio-
adverbio, participio->adxetivo, infinitivo->sustantivo.
Cantar-> canto, cantas, canta.... pero "teño un cantar miudiño" XD

Saúde!!

Responderlle a