O Xoves 16 Abril 2009 18:50:31 damufo escribiu:
> Karl García Gestido escribiu:
> > O Xoves 16 Abril 2009 16:07:51 Leandro Regueiro escribiu:
>(...)
>
> Estou de acordo en que ten que haber flexibilidade para crear novos
> termos, sempre e cando non existe un xa. isto leva a que sería bo que
> houbese quen se adicase a isto e poder consultalo e pedir a xeración dun
> novo, mais penso que de momento isto non existe.
> Por outra banda, os novos termos penso que deberían manter a
> uniformidade en canto a regras, desde o meu punto de vista, converter
> unha lingua en máis irregular do que o é non é nada positivo e dificulta
> a aprendizaxe.
Bueno, a terminoloxía específica acostuma a haber que "chapala", así que non 
creo que se perdese demasiado.

En realidade non é nada que non se faga a cotío. É normal que se manteña un 
certo límite en idiomas de ampla extensión, coma o castelán ou o portugués, 
que teñen glosarios específicos dende hai moito (pero non son tan usados nos 
diversos ámbitos coma o inglés, polo que os cambios non se propagan 
suficientemente rápido), pero os idiomas que non dispomos deses glosarios 
especializados e que non estamos tan amplamente difundidos tamén temos a 
oportunidade de adaptar o idioma ao mundo real.

Por suposto, en moitas ocasións haberá termos que dispoñan dun equivalente 
axeitado... pero en outras, ou ben non existe ou ben non hai un adecuado, pola 
propia xénese do orixinal inglés. Así, temos equivalentes para hardware e para 
software, pero ningún sería sensato para sustituir.. o máis semellante que 
temos mantendo os matices das palabras inglesas son locucións completas, o que 
non é axeitado.

Doutra banda, a facilidade coa que no inglés se forman palabras a partires 
doutras ben por mor da súa curta extensión: unha palabra composta inglesa 
consta de tres ou catro sílabas, namentres que en galego, coma noutros 
idiomas, daría unha de cinco ou incluso máis sílabas... así que non sempre é 
solución imitar a solución inglesa.

> licenza, preferencia, cal é a regra?
> club, clubs
club, clubes?
> récord (de mellor marca), récords?? pareceme incrible que en galego non
> exista unha equivalencia (plusmarca?).
plusmarca é un exemplo estupendo de creación de nova palabra por adición.
> penso (e xa me estou a meter onde non me chaman) que os novos termos a
> incluír han de contribuír á norma e non a irregularizar a lingua.
Ben, crear un termo non quere dicir que se poida facer calqueira cousa e 
esquecer as regras de composición normais... en realidade, o feito de que 
sempre se fixo é o que nos da a posibilidade de alomenos consideralo.

Temos feito pero desfeito, afeito, refeito; -riba pero  enriba, arriba, 
derriba. En galego derriba tamén significa "tirar", ademais de "situado 
enriba" ("quita iso derriba da porta")?
Outras palabras aparecen polo regular uso dunha conxugación: xerundio-
>adverbio, participio->adxetivo, infinitivo->sustantivo.
Cantar-> canto, cantas, canta.... pero "teño un cantar miudiño" XD

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a