Acordo coa proposta de Miguel e estou en desacordo co que di Felipe. Estou por 
atopar a primeira páxina web onde no canto de "descargas" se fale de baixadas 
(que as haberá). Subir/Baixar é o único par que non ten senso no contexto que 
tratamos. Se esa fora o significado, en inglés sería "up" e "down", o cal en 
ocasións puntuais é así pero na xeralidade non.

Como matiz, a 2ª opción é máis do meu agrado. Nun contexto P2P o único que se 
descarga realmente é o ficheiro que contén os datos para a descarga. Así, os 
fares intercambian información (por definición, entre iguais), de maneira que 
un cede información a cambio de recibir outra.

Asi, descarga sería o acto de opter arquivos dalgures dentro de internet, 
namentres que ceder/recibir é a maneira de funcionar das redes P2P (no que 
cada quen actúa á vez como cedente e como receptor....  millor dito, un 
"seeder" é aquel que actúa como cedente en dita descarga, nametres un 
"leecher" é quen actúa como receptor.... vaites, axústase ben :) )

O Xoves 16 Abril 2009 12:50:32 Miguel Bouzada escribiu:
> @Leandro... so foi un erro "dactilar", grazas por avisar
>
> dicia:
>
> Facendo unha aproximación os usos noutras linguas romances
>
> ca → subida/baixada carga/descarga
> fr → envier/telécharger
> pt → enviar/obter-receber-download
> pt_br → enviar/baixar-obter
> it → invia-carica/scarica
>
> Sigo a pensar que a extensión dun uso (que eu non considero axeitado) non
> da patente de "correcto",
Tamén estou dacordo con iso.
> outra cousa é cando son termos de dificil (ou
> complexa) equivalencia como cookie (só me gusta "testemuña") ou caché (no
> que caixa de memoria e similares non me convencen)
caché, así, galegizada como unha palabra normal. Non hai por que darlle 
demasiadas voltas ao que non as ten.
> ou termos como socket
> que na maioría das veces só o desenvolvedor sabe a que "socket" se refire,
é un tecnicismo, polo que é correcto tanto buscarlle unha traducción coma 
integralo coma usalo en inglés.
> incluso as veces slot non hai dios que de interpretado a que "rañura"
> (fisica? loxica?) se refire
lóxica
>
> MB
>
> 2009/4/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>
> > E intentade non responderme só a min, que se trata de manter unha
> > conversa.
> >
> > Ata logo,
> >                 Leandro Regueiro
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a