>>> Acordo coa proposta de Miguel e estou en desacordo co que di Felipe.
>>> Estou por atopar a primeira páxina web onde no canto de "descargas" se
>>> fale de baixadas (que as haberá). Subir/Baixar é o único par que non ten
>>> senso no contexto que tratamos. Se esa fora o significado, en inglés
>>> sería "up" e "down", o cal en ocasións puntuais é así pero na xeralidade
>>> non.
>>>
>>> Como matiz, a 2ª opción é máis do meu agrado. Nun contexto P2P o único
>>> que se descarga realmente é o ficheiro que contén os datos para a
>>> descarga. Así, os fares intercambian información (por definición, entre
>>> iguais), de maneira que un cede información a cambio de recibir outra.
>>>
>>> Asi, descarga sería o acto de opter arquivos dalgures dentro de internet,
>>> namentres que ceder/recibir é a maneira de funcionar das redes P2P (no
>>> que cada quen actúa á vez como cedente e como receptor....  millor dito,
>>> un "seeder" é aquel que actúa como cedente en dita descarga, nametres un
>>> "leecher" é quen actúa como receptor.... vaites, axústase ben :) )
>>
>> Eu só me refiro ao correo orixinal de Miguel, no que pregunta polos
>> termos "Upload/Download en aplicativos p2p". Coincido contigo en que
>> "downloads", non se debe traducir por "baixadas".
>>
>> Respecto á subida e baixada, o uso dos termos non se restrinxe ao acceso
>> a servidores: tradicionalmente a canle de subida é a que vai cara a
>> rede, e a de baixada a que entra da rede. Desde o meu punto de vista non
>> hai diferencia entre falar de redes P2P ou redes cliente/servidor.
>
> Precisamente nas redes P2P a metáfora impide o uso correcto (por moito que
> sexa habitual). A descarga mediante P2P debera referirse como "sistema de
> compartición de arquivos", e precisamente a característica é a igualdade
> relativa entre os distintos membros. Así, non existe nestas redes nada
> semellante ao entorno cliente/servidor dos vellos tempos, nin sequera algo
> superposto á rede como a tan de moda "computación en nube". O único que hai é
> uns equipos que están ao mesmo nivel compartindo arquivos mediante a
> simultánea cesión e recepción de anacos do arquivo a compartir. Na metáfora
> cliente/servidor, pola contra, o servidor está "enriba" dos clientes
> (represéntanse en forma de árbore invertida)...
>
> De feito hai por ahí algunha proposta de tratar a rede como un sistema de
> arquivos local, o cal dificultaría aínda máis o uso da metáfora arriba/abaixo.

Non sempre se pode atopar unha tradución que vale para todo. Haberase
que ir adaptando ó contexto e usar a mellor tradución segundo sexa un
contexto ou outro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a