2009/5/21 damufo <[email protected]> > > > Leandro Regueiro escribiu: > > 2009/5/19 Antón Méixome <[email protected]> >> >>> Se realmente é o mesmo por qué non optar mellor por cartafol, tan boa >>> como directorio.?? >>> >>> Son termos confusos, para min. Non o vexo doado nin moito menos que sexan >>> intercambiables. >>> >>> Directory é claramente unha palabra con sentidos moi amplos, cartafol >>> non. >>> >>> Para un usuario de WS realmente non hai diferenza, usa practicamete >>> sempre "cartafoles" en modo gráfico (sacando a instalación dalgunhas cousas >>> que necesitan o path) pero para un usuario de GNU-Linux si que pode haber >>> diferenza porque é posíbel traballar en modo texto, onde os directorios son >>> camiños. Así non é o mesmo a perspectiva do técnico que a do usuario. >>> >>> Para min e NO CONTEXTO de significado en que falamos, que é mellor manter >>> a diferenza. O termo xenérico sería "cartafol" mentres que un cartafol visto >>> en modo de enderezo (por exemplo en modo texto) sería "directorio". Xa sei >>> que a análise da orixe histórica leva precisamente ao contrario. >>> >>> folder - directory >>> _____________ _____________ >>> | folder | | cartafol | >>> | _________| = | _________ | >>> | |directory | | |directorio | >>> ------------------- ------------------- >>> >>> A cuestión de fondo é que non son termos que se definan igual. Cartafol >>> está no ámbito da interface pero designa algo moi concreto, mentres que >>> directorio está no de estrutura de datos, e ten a connotación de "enderezo" >>> onde están eses datos, e que ademais resulta polivalente e variable. En >>> calquera caso, é un par de termos, polo menos o primeiro, que xa non son >>> tecnolecto informático senón que forman parte da lingua común de calquera >>> falante actual e por iso, por frecuencia de uso e por ser máis común o seu >>> valor como "contedor de datos" debería preferirse "cartafol". >>> >>> Se o pensades ben, directorio mantén un valor máis técnico, aparentemente >>> máis especializado pero tampouco é así porque hai varias cousas ás que se >>> lles chama directorios (LDAP ou directorio web, por exemplo; en UNIX un >>> directorio é un tipo de ficheiro), mentres tanto cartafol é exactamente >>> sempre o mesmo, unha metáfora dun contedor no sistema de ficheiros e, >>> incluso só dun contedor que contén documentos. Mentres directorio necesita >>> desambigüación na informática, cartafol non, é un termo con todas as da lei >>> e ademais común. >>> >>> Está magnificamente explicado aquí >>> >>> http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_(file_systems)#The_folder_metaphor<http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_%28file_systems%29#The_folder_metaphor> >>> >>> "Strictly speaking, there is a difference between a directory which is a >>> file system concept, and the graphical user interface metaphor that is used >>> to represent it (a folder). For example, Microsoft Windows uses the concept >>> of special folders to help present the contents of the computer to the user >>> in a fairly consistent way that frees the user from having to deal with >>> absolute directory paths, which can vary between versions of Windows, and >>> between individual installations. >>> >>> If you are referring to a container of documents, the term folder is more >>> appropriate. If you are referring to the mechanism that tracks the document >>> files, the term directory is the better choice." >>> >>> Ao mellor necesitamos simplificación: >>> >>> a) interface gráfica = cartafol, sempre >>> >>> b)calquera outro uso = directorio >>> >>> Ao mellor, desde a perspectiva do tradutor, non é pertinente meterse >>> neste follón e simplemente seguir o orixinal, sen cuestionar o valor ou a >>> corrección do seu uso. >>> >>> a) folder = cartafol >>> >>> b) directory = directorio >>> >>> Ao mellor a confusión de roles é a que nos fai perder o norte. Non é o >>> mesmo actuar como desenvolvedor, como tradutor que como terminólogo ou >>> usuario. A discusión non está acabada, evidentemente. Aínda que tivesemos >>> unha terminoloxía "perfecta" sempre sería "dependente" do caso, porque son >>> termos moi relacionados que ás veces neutralizan as súas diferenzas cando >>> somos nós os que escribimos (non cando traducimos). >>> >>> Exemplo: Quero crear un cartafol/directorio (tanto ten porque ambas >>> formas son exactas) >>> >>> I want create a folder > quero crear un cartafol >>> >>> I want create a directory > quero crear un directorio >>> >>> Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un >>> texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol >>> (interface) fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é >>> mellor non meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e >>> directory-directorio. Non son equivalentes. >>> >>> Antón >>> >> >> >> Primeiro o de traducir "path"="camiño" penso que só se debería facer >> en certos contextos moi restrinxidos (debuxo vectorial). >> >> Para min tanto cartafol como directorio son contedores, e os ficheiros >> son contedores tamén (de datos). >> >> Directorio ten máis significados ca este do que estamos falando, >> > > Pois daquela é doado, para este significado pode usarse cartafol e para os > demais directorio, así facemos unha especialización. > Parto de que cartafol é sempre un directorio pero un directorio non sempre > é un cartafol. Cartafol sería unha especialización de directorio.
Así o entendo eu, todos temos claro que en *nix un dispositivo é un directorio, un cartafol é un directorio, pero un dispositivo nunca é un cartafol. Pero a metafora visual está aí indicando a especialización dun directorio como cartafol > > > pero > >> cartafol tamén os ten. E como escribin onte (e o maldito gmail non me >> deixou enviar) se hai que escoller entre as dúas opcións escolleria >> directorio porque se pode usar indistintamente tanto nas interfaces >> gráficas coma nas modo texto, e o plural de cartafol toca un pouco o >> carallo (con perdón). >> > > >> Ata logo, >> Leandro Regueiro >> >> >> > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected]

