Leandro Regueiro escribiu:
2009/5/19 Antón Méixome <cert...@certima.net>
Se realmente é o mesmo por qué non optar mellor por cartafol, tan boa como 
directorio.??

Son termos confusos, para min. Non o vexo doado nin moito menos que sexan 
intercambiables.

Directory é claramente unha palabra con sentidos moi amplos, cartafol non.

Para un usuario de WS realmente non hai diferenza, usa practicamete sempre 
"cartafoles" en modo gráfico (sacando a instalación dalgunhas cousas que 
necesitan o path) pero para un usuario de GNU-Linux si que pode haber diferenza porque é 
posíbel traballar en modo texto, onde os directorios son camiños. Así non é o mesmo a 
perspectiva do técnico que a do usuario.

Para min e NO CONTEXTO de significado en que falamos, que é mellor manter a diferenza. O termo 
xenérico sería "cartafol" mentres que un cartafol visto en modo de enderezo (por exemplo 
en modo texto) sería "directorio". Xa sei que a análise da orixe histórica leva 
precisamente ao contrario.

folder - directory
_____________          _____________
| folder             |         | cartafol            |
|       _________|    =   |       _________ |
|       |directory  |         |       |directorio  |
-------------------         -------------------

A cuestión de fondo é que non son termos que se definan igual. Cartafol está no ámbito da interface pero 
designa algo moi concreto, mentres que directorio está no de estrutura de datos, e ten a connotación de 
"enderezo" onde están eses datos, e que ademais resulta polivalente e variable. En calquera caso, é 
un par de termos, polo menos o primeiro, que xa non son tecnolecto informático senón que forman parte da 
lingua común de calquera falante actual e por iso, por frecuencia de uso e por ser máis común o seu valor 
como "contedor de datos" debería preferirse "cartafol".

Se o pensades ben, directorio mantén un valor máis técnico, aparentemente máis 
especializado pero tampouco é así porque hai varias cousas ás que se lles chama 
directorios (LDAP ou directorio web, por exemplo; en UNIX un directorio é un 
tipo de ficheiro), mentres tanto cartafol é exactamente sempre o mesmo, unha 
metáfora dun contedor no sistema de ficheiros e, incluso só dun contedor que 
contén documentos. Mentres directorio necesita desambigüación na informática, 
cartafol non, é un termo con todas as da lei e ademais común.

Está magnificamente explicado aquí

http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_(file_systems)#The_folder_metaphor

"Strictly speaking, there is a difference between a directory which is a file 
system concept, and the graphical user interface metaphor that is used to represent 
it (a folder). For example, Microsoft Windows uses the concept of special folders to 
help present the contents of the computer to the user in a fairly consistent way 
that frees the user from having to deal with absolute directory paths, which can 
vary between versions of Windows, and between individual installations.

If you are referring to a container of documents, the term folder is more 
appropriate. If you are referring to the mechanism that tracks the document files, 
the term directory is the better choice."

Ao mellor necesitamos simplificación:

       a) interface gráfica = cartafol, sempre

       b)calquera outro uso = directorio

Ao mellor, desde a perspectiva do tradutor, non é pertinente meterse neste 
follón e simplemente seguir o orixinal, sen cuestionar o valor ou a corrección 
do seu uso.

        a) folder = cartafol

        b) directory = directorio

Ao mellor a confusión de roles é a que nos fai perder o norte. Non é o mesmo actuar como 
desenvolvedor, como tradutor que como terminólogo ou usuario. A discusión non está acabada, 
evidentemente. Aínda que tivesemos unha terminoloxía "perfecta" sempre sería 
"dependente" do caso, porque son termos moi relacionados que ás veces neutralizan as súas 
diferenzas cando somos nós os que escribimos (non cando traducimos).

Exemplo: Quero crear un cartafol/directorio (tanto ten porque ambas formas son 
exactas)

I want create a folder > quero crear un cartafol

I want create a directory > quero crear un directorio

Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un texto 
orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol (interface) 
fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é mellor non 
meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e 
directory-directorio. Non son equivalentes.

Antón


Primeiro o de traducir "path"="camiño" penso que só se debería facer
en certos contextos moi restrinxidos (debuxo vectorial).

Para min tanto cartafol como directorio son contedores, e os ficheiros
son contedores tamén (de datos).

Directorio ten máis significados ca este do que estamos falando,

Pois daquela é doado, para este significado pode usarse cartafol e para os demais directorio, así facemos unha especialización. Parto de que cartafol é sempre un directorio pero un directorio non sempre é un cartafol. Cartafol sería unha especialización de directorio.

 pero
cartafol tamén os ten. E como escribin onte (e o maldito gmail non me
deixou enviar) se hai que escoller entre as dúas opcións escolleria
directorio porque se pode usar indistintamente tanto nas interfaces
gráficas coma nas modo texto, e o plural de cartafol toca un pouco o
carallo (con perdón).


Ata logo,
                     Leandro Regueiro


Responderlle a