Antón Méixome escribiu:
Se realmente é o mesmo por qué non optar mellor por cartafol, tan boa
como directorio.??
Son termos confusos, para min. Non o vexo doado nin moito menos que
sexan intercambiables.
Directory é claramente unha palabra con sentidos moi amplos, cartafol non.
Para un usuario de WS realmente non hai diferenza, usa practicamete
sempre "cartafoles" en modo gráfico (sacando a instalación dalgunhas
cousas que necesitan o /path/) pero para un usuario de GNU-Linux si que
pode haber diferenza porque é posíbel traballar en modo texto, onde os
directorios son camiños. Así non é o mesmo a perspectiva do técnico que
a do usuario.
Para min e NO CONTEXTO de significado en que falamos, que é mellor
manter a diferenza. O termo xenérico sería "cartafol" mentres que un
cartafol visto en modo de enderezo (por exemplo en modo texto) sería
"directorio". Xa sei que a análise da orixe histórica leva precisamente
ao contrario.
folder - directory
_____________ _____________
| folder | | cartafol |
| _________| = | _________ |
| |directory | | |directorio |
------------------- -------------------
A cuestión de fondo é que non son termos que se definan igual. Cartafol
está no ámbito da interface pero designa algo moi concreto, mentres que
directorio está no de estrutura de datos, e ten a connotación de
"enderezo" onde están eses datos, e que ademais resulta polivalente e
variable. En calquera caso, é un par de termos, polo menos o primeiro,
que xa non son tecnolecto informático senón que forman parte da lingua
común de calquera falante actual e por iso, por frecuencia de uso e por
ser máis común o seu valor como "contedor de datos" debería preferirse
"cartafol".
Se o pensades ben, directorio mantén un valor máis técnico,
aparentemente máis especializado pero tampouco é así porque hai varias
cousas ás que se lles chama directorios (LDAP ou directorio web, por
exemplo; en UNIX un directorio é un tipo de ficheiro), mentres tanto
cartafol é exactamente sempre o mesmo, unha metáfora dun contedor no
sistema de ficheiros e, incluso só dun contedor que contén documentos.
Mentres directorio necesita desambigüación na informática, cartafol non,
é un termo con todas as da lei e ademais común.
Está magnificamente explicado aquí
http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_(file_systems)#The_folder_metaphor
"Strictly speaking, there is a difference between a /directory/ which is
a file system <http://en.wikipedia.org/wiki/File_system> concept, and
the graphical user interface
<http://en.wikipedia.org/wiki/Graphical_user_interface> metaphor that is
used to represent it (a /folder/). For example, Microsoft Windows uses
the concept of special folders
<http://en.wikipedia.org/wiki/Special_Folders> to help present the
contents of the computer to the user in a fairly consistent way that
frees the user from having to deal with absolute directory paths, which
can vary between versions of Windows, and between individual installations.
If you are referring to a *container of documents*, the term /folder/ is
more appropriate. If you are referring to the mechanism that tracks the
document files, the term /directory/ is the better choice."
Ao mellor necesitamos simplificación:
a) interface gráfica = cartafol, sempre
b)calquera outro uso = directorio
Ao mellor, desde a perspectiva do tradutor, non é pertinente meterse
neste follón e simplemente seguir o orixinal, sen cuestionar o valor ou
a corrección do seu uso.
a) folder = cartafol
b) directory = directorio
Ao mellor a confusión de roles é a que nos fai perder o norte. Non é o
mesmo actuar como desenvolvedor, como tradutor que como terminólogo ou
usuario. A discusión non está acabada, evidentemente. Aínda que
tivesemos unha terminoloxía "perfecta" sempre sería "dependente" do
caso, porque son termos moi relacionados que ás veces neutralizan as
súas diferenzas cando somos nós os que escribimos (non cando traducimos).
Exemplo: Quero crear un cartafol/directorio (tanto ten porque ambas
formas son exactas)
I want create a folder > quero crear un cartafol
I want create a directory > quero crear un directorio
Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un
texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol
(interface) fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos
é mellor non meterse e utilizar a equivalencia automática,
folder-cartafol e directory-directorio. Non son equivalentes.
Vaia pois eu non concordo. Se traduzo é para que se entenda e usar na
mesma frase cartafol e directorio (referindose ao mesmo) porque o texto
orixinal así está, non me parece claro, para min é como traducir na
mesma cadea window por fiestra e por xanela.
Por outra banda non acabo de diferenciar entre cando usar un ou outro
(poida que este sexa realmente o que me crea o conflito), no meu caso na
tradución do joomla non sei cando debería usar directorio e cando
cartafol, acaso non é todo entorno gráfico?
Antón