Se realmente é o mesmo por qué non optar mellor por cartafol, tan boa como
directorio.[?]??

Son termos confusos, para min. Non o vexo doado nin moito menos que sexan
intercambiables.

Directory é claramente unha palabra con sentidos moi amplos, cartafol non.

Para un usuario de WS realmente non hai diferenza, usa practicamete sempre
"cartafoles" en modo gráfico (sacando a instalación dalgunhas cousas que
necesitan o *path*) pero para un usuario de GNU-Linux si que pode haber
diferenza porque é posíbel traballar en modo texto, onde os directorios son
camiños. Así non é o mesmo a perspectiva do técnico que a do usuario.

Para min e NO CONTEXTO de significado en que falamos, que é mellor manter a
diferenza. O termo xenérico sería "cartafol" mentres que un cartafol visto
en modo de enderezo (por exemplo en modo texto) sería "directorio". Xa sei
que a análise da orixe histórica leva precisamente ao contrario.

folder - directory
_____________          _____________
| folder             |         | cartafol            |
|       _________|    =   |       _________ |
|       |directory  |         |       |directorio  |
-------------------         -------------------

A cuestión de fondo é que non son termos que se definan igual. Cartafol está
no ámbito da interface pero designa algo moi concreto, mentres que
directorio está no de estrutura de datos, e ten a connotación de "enderezo"
onde están eses datos, e que ademais resulta polivalente e variable. En
calquera caso, é un par de termos, polo menos o primeiro, que xa non son
tecnolecto informático senón que forman parte da lingua común de calquera
falante actual e por iso, por frecuencia de uso e por ser máis común o seu
valor como "contedor de datos" debería preferirse "cartafol".

Se o pensades ben, directorio mantén un valor máis técnico, aparentemente
máis especializado pero tampouco é así porque hai varias cousas ás que se
lles chama directorios (LDAP ou directorio web, por exemplo; en UNIX un
directorio é un tipo de ficheiro), mentres tanto cartafol é exactamente
sempre o mesmo, unha metáfora dun contedor no sistema de ficheiros e,
incluso só dun contedor que contén documentos. Mentres directorio necesita
desambigüación na informática, cartafol non, é un termo con todas as da lei
e ademais común.

Está magnificamente explicado aquí

http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_(file_systems)#The_folder_metaphor

"Strictly speaking, there is a difference between a *directory* which is a file
system <http://en.wikipedia.org/wiki/File_system> concept, and the graphical
user interface <http://en.wikipedia.org/wiki/Graphical_user_interface>metaphor
that is used to represent it (a
*folder*). For example, Microsoft Windows uses the concept of special
folders <http://en.wikipedia.org/wiki/Special_Folders> to help present the
contents of the computer to the user in a fairly consistent way that frees
the user from having to deal with absolute directory paths, which can vary
between versions of Windows, and between individual installations.

If you are referring to a *container of documents*, the term *folder* is
more appropriate. If you are referring to the mechanism that tracks the
document files, the term *directory* is the better choice."

Ao mellor necesitamos simplificación:

       a) interface gráfica = cartafol, sempre

       b)calquera outro uso = directorio

Ao mellor, desde a perspectiva do tradutor, non é pertinente meterse neste
follón e simplemente seguir o orixinal, sen cuestionar o valor ou a
corrección do seu uso.

        a) folder = cartafol

        b) directory = directorio

Ao mellor a confusión de roles é a que nos fai perder o norte. Non é o mesmo
actuar como desenvolvedor, como tradutor que como terminólogo ou usuario. A
discusión non está acabada, evidentemente. Aínda que tivesemos unha
terminoloxía "perfecta" sempre sería "dependente" do caso, porque son termos
moi relacionados que ás veces neutralizan as súas diferenzas cando somos nós
os que escribimos (non cando traducimos).

Exemplo: Quero crear un cartafol/directorio (tanto ten porque ambas formas
son exactas)

I want create a folder > quero crear un cartafol

I want create a directory > quero crear un directorio

Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un
texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol
(interface) fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é
mellor non meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e
directory-directorio. Non son equivalentes.

Antón

<<362.gif>>

Responderlle a