Antón Méixome escribiu:
2009/5/19 damufo <[email protected] <mailto:[email protected]>>
Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos
nós un texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado
de cartafol (interface) fronte a directorio (un camiño) mentres
que cando traducimos é mellor non meterse e utilizar a
equivalencia automática, folder-cartafol e directory-directorio.
Non son equivalentes.
Vaia pois eu non concordo. Se traduzo é para que se entenda e usar
na mesma frase cartafol e directorio (referindose ao mesmo) porque o
texto orixinal así está, non me parece claro, para min é como
traducir na mesma cadea window por fiestra e por xanela.
Por outra banda non acabo de diferenciar entre cando usar un ou
outro (poida que este sexa realmente o que me crea o conflito), no
meu caso na tradución do joomla non sei cando debería usar
directorio e cando cartafol, acaso non é todo entorno gráfico?
Pois aí o tes
Iso é o que eu digo cando afirmo que hai casos en que sendo termos
distintos se "neutraliza" a diferenza. Como pode ser iso? porque non
sempre se utiliza a terminoloxía en modo "estrito" nin sequera no caso
das traducións profesionais (por exemplo é habitual que un intérprete
dun congreso de especialistas acabe adoptando os usos informais e todo o
mundo se entende e ninguén interpreta que o que fala non sabe do asunto.
Pero nun manual de formación, por exemplo, a terminoloxía adoita ser
"significativa" e por tanto non se usa indistintamente). No caso que
presentas eu optaría por unha única solución, porque NESE caso non hai
diferenza. E cal utilizar das dúas? Se aprecias incongruencia no texto
orixinal e estas a manexar "contedores" en interface gráfica será
"cartafol" sen dúbida, se estamos a proporcionar "enderezos" para unha
instalación eu diría "directorio". Temos a diferenza porque temos os
dous termos xa que non son equivalentes pero en moitos casos non é
rendible distinguir.
Grazas Antón, tomo nota.
Antón
--
To unsubscribe, send mail to [email protected]
<mailto:[email protected]>.