Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
Eu seguirei usando directory->directorio  folder->cartafol ata que a
cousa se discuta con xeito e se chegue a algo.
Discutámolo pois!
Eu penso que se o concepto é o mesmo e que son sinónimos habería que
decantarse por usar un termo para facilitar a comprensión do usuario máis
novato.
Nun computador, non houbo cartafoles ata a chegada dos contornos gráficos,
onde se empregou a metáfora visual do cartafol para simbolizar os
directorios.

Eu deixaría as cousas como están: interface gráfica -> cartafol. Interface
de texto, scripts, traballando en consola, etc, etc -> directorio.

A non ser que se lle queira chamar directorio sempre, que estaría a favor...

Perfecto, así evitamos pensar en que contexto estamos :)

Se realmente é o mesmo porque diferenciar?
Que é o que achega esa diferenciación?


Ata logo,
                          Leandro Regueiro


Responderlle a