2009/5/19 Antón Méixome <[email protected]>
>
> Se realmente é o mesmo por qué non optar mellor por cartafol, tan boa como
> directorio.??
>
> Son termos confusos, para min. Non o vexo doado nin moito menos que sexan
> intercambiables.
>
> Directory é claramente unha palabra con sentidos moi amplos, cartafol non.
>
> Para un usuario de WS realmente non hai diferenza, usa practicamete sempre
> "cartafoles" en modo gráfico (sacando a instalación dalgunhas cousas que
> necesitan o path) pero para un usuario de GNU-Linux si que pode haber
> diferenza porque é posíbel traballar en modo texto, onde os directorios son
> camiños. Así non é o mesmo a perspectiva do técnico que a do usuario.
>
> Para min e NO CONTEXTO de significado en que falamos, que é mellor manter a
> diferenza. O termo xenérico sería "cartafol" mentres que un cartafol visto en
> modo de enderezo (por exemplo en modo texto) sería "directorio". Xa sei que a
> análise da orixe histórica leva precisamente ao contrario.
>
> folder - directory
> _____________ _____________
> | folder | | cartafol |
> | _________| = | _________ |
> | |directory | | |directorio |
> ------------------- -------------------
>
> A cuestión de fondo é que non son termos que se definan igual. Cartafol está
> no ámbito da interface pero designa algo moi concreto, mentres que directorio
> está no de estrutura de datos, e ten a connotación de "enderezo" onde están
> eses datos, e que ademais resulta polivalente e variable. En calquera caso, é
> un par de termos, polo menos o primeiro, que xa non son tecnolecto
> informático senón que forman parte da lingua común de calquera falante actual
> e por iso, por frecuencia de uso e por ser máis común o seu valor como
> "contedor de datos" debería preferirse "cartafol".
>
> Se o pensades ben, directorio mantén un valor máis técnico, aparentemente
> máis especializado pero tampouco é así porque hai varias cousas ás que se
> lles chama directorios (LDAP ou directorio web, por exemplo; en UNIX un
> directorio é un tipo de ficheiro), mentres tanto cartafol é exactamente
> sempre o mesmo, unha metáfora dun contedor no sistema de ficheiros e, incluso
> só dun contedor que contén documentos. Mentres directorio necesita
> desambigüación na informática, cartafol non, é un termo con todas as da lei e
> ademais común.
>
> Está magnificamente explicado aquí
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Directory_(file_systems)#The_folder_metaphor
>
> "Strictly speaking, there is a difference between a directory which is a file
> system concept, and the graphical user interface metaphor that is used to
> represent it (a folder). For example, Microsoft Windows uses the concept of
> special folders to help present the contents of the computer to the user in a
> fairly consistent way that frees the user from having to deal with absolute
> directory paths, which can vary between versions of Windows, and between
> individual installations.
>
> If you are referring to a container of documents, the term folder is more
> appropriate. If you are referring to the mechanism that tracks the document
> files, the term directory is the better choice."
>
> Ao mellor necesitamos simplificación:
>
> a) interface gráfica = cartafol, sempre
>
> b)calquera outro uso = directorio
>
> Ao mellor, desde a perspectiva do tradutor, non é pertinente meterse neste
> follón e simplemente seguir o orixinal, sen cuestionar o valor ou a
> corrección do seu uso.
>
> a) folder = cartafol
>
> b) directory = directorio
>
> Ao mellor a confusión de roles é a que nos fai perder o norte. Non é o mesmo
> actuar como desenvolvedor, como tradutor que como terminólogo ou usuario. A
> discusión non está acabada, evidentemente. Aínda que tivesemos unha
> terminoloxía "perfecta" sempre sería "dependente" do caso, porque son termos
> moi relacionados que ás veces neutralizan as súas diferenzas cando somos nós
> os que escribimos (non cando traducimos).
>
> Exemplo: Quero crear un cartafol/directorio (tanto ten porque ambas formas
> son exactas)
>
> I want create a folder > quero crear un cartafol
>
> I want create a directory > quero crear un directorio
>
> Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un texto
> orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol (interface)
> fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é mellor non
> meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e
> directory-directorio. Non son equivalentes.
>
> Antón
Primeiro o de traducir "path"="camiño" penso que só se debería facer
en certos contextos moi restrinxidos (debuxo vectorial).
Para min tanto cartafol como directorio son contedores, e os ficheiros
son contedores tamén (de datos).
Directorio ten máis significados ca este do que estamos falando, pero
cartafol tamén os ten. E como escribin onte (e o maldito gmail non me
deixou enviar) se hai que escoller entre as dúas opcións escolleria
directorio porque se pode usar indistintamente tanto nas interfaces
gráficas coma nas modo texto, e o plural de cartafol toca un pouco o
carallo (con perdón).
Ata logo,
Leandro Regueiro