Si Adrián para min en resumo, toda a discusión resúmese no seguinte

snippet é un termo ou é argot ?

Se é un termo temos que ter unha tradución exacta, especializada.
Se é argot entón podemos optar por uha aproximación xenérica (fragmento) ou
por deixalo sen traducir.



2009/11/17 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > Oops, tíñao pendente isto. Vou falar un pouco  de memoria
> >
> > Como podedes comprender a miña perspectiva é lingüística así que me toca
> > retorcer o tema por onde non o facedes vós.
> >
> > snippet é un diminutivo en inglés, literalmente sería un "retalliño", o
> > resultado de recortar con tesouras ou así. Desde logo é absolutamente
> > coloquial pero neste contexto cobra un valor de substantivo normal (como
> > dicir "palillo" en castelán ou "mesita" en galego) . Desde este punto de
> > vista "fragmento" non sería adecuado ben porque ten connotacións de
> >  ruptura, non recorte, ben porque é demasiado xenérico. Anaco tampouco o
> >  vexo por ser demasiado figurativo, necesita "materia" (anaco de pastel)
> ou
> >  é unha metáfora (lévame un anaco).
> >
> > Se queremos unha tradución galega totalmente apegada á metáfora do inglés
> a
> > min levaríame a retalliño ou retrinquiño.
> >
> > Que fan as demais linguas ? Chámame moitísimo a atención a opción
> > brasileira: "trecho" , que é un castelanismo.
> > "Code snippet: Trecho de Código:" mentres en portugués europeo se optou
> por
> > fragmento: "O fragmento de HTML."
> >
> > Desta maneira en galego levarianos a treito ou fragmento. Deixo á parte
> > opcións como "pasaxe", que para min ten só valor como "cita" pero non
> como
> > "peza".
> >
> > En resumo na maioría das linguas optouse por algo xenérico como
> "fragmento"
> > ou por deixalo sen traducir. Exactamente esa é a situación actual en
> >  galego. Como primeira opción "fragmento e como segunda snippet, pero
> vexo
> >  que varios opinades que sería necesaria unha palabra que se puidese
> >  especializar máis e que fragmento non convence precisamente por iso,
> >  porque os fragmentos dos que falamos non son aleatorios senón que
> >  constitúen pezas de código. Hai outras opcións:  cacho, retallo,
> retrinco,
> >  bocado, anaco
> >
> > Saíndome un pouco das aproximacións que temos ata agora, propoñería
> >  "*cacho*" ou mesmo "cachiño" porque non se asocia a ningunha materia en
> >  concreto, e nese sentido é xenérico pero mantén o rexistro informal
> >  orixinal, o cal me parece moi relevante e que non pode dar a palabra
> >  fragmento (palabra culta). Permite unha especialización na localización,
> >  un cacho pode ser unha porción estruturada de materia ou de tempo e non
> o
> >  temos en uso: é transparente para calquera usuario, incluso para
> >  desenvolvedores :-) e ademais tería unha implantación doada porque non é
> >  unha palabra especialmente numerosa ;  como segunda opción, si,
> fragmento
> >  por apoiar a opción actualmente maioritaria e concordante con outras
> >  linguas, especialmente no subcampo dos IDE. Como última opción, deixar
> >  snippet tamén sería aceptábel se o termo aparece illadamente.
>
> Entón a cousa vai de elixir culto (fragmento) ou popular (cacho), sendo o
> termo orixinal popular. Teño que dicir que nunca me chamou moito "cacho"
> para
> traducir nada, pero imaxinándomo no contexto parece que lle acae bastante
> ben.
>
> En todo caso,
> con cacho ou fragmento / eu estou contento ;)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a