Oops, tíñao pendente isto. Vou falar un pouco de memoria Como podedes comprender a miña perspectiva é lingüística así que me toca retorcer o tema por onde non o facedes vós.
snippet é un diminutivo en inglés, literalmente sería un "retalliño", o resultado de recortar con tesouras ou así. Desde logo é absolutamente coloquial pero neste contexto cobra un valor de substantivo normal (como dicir "palillo" en castelán ou "mesita" en galego) . Desde este punto de vista "fragmento" non sería adecuado ben porque ten connotacións de ruptura, non recorte, ben porque é demasiado xenérico. Anaco tampouco o vexo por ser demasiado figurativo, necesita "materia" (anaco de pastel) ou é unha metáfora (lévame un anaco). Se queremos unha tradución galega totalmente apegada á metáfora do inglés a min levaríame a retalliño ou retrinquiño. Que fan as demais linguas ? Chámame moitísimo a atención a opción brasileira: "trecho" , que é un castelanismo. "Code snippet: Trecho de Código:" mentres en portugués europeo se optou por fragmento: "O fragmento de HTML." Desta maneira en galego levarianos a treito ou fragmento. Deixo á parte opcións como "pasaxe", que para min ten só valor como "cita" pero non como "peza". En resumo na maioría das linguas optouse por algo xenérico como "fragmento" ou por deixalo sen traducir. Exactamente esa é a situación actual en galego. Como primeira opción "fragmento e como segunda snippet, pero vexo que varios opinades que sería necesaria unha palabra que se puidese especializar máis e que fragmento non convence precisamente por iso, porque os fragmentos dos que falamos non son aleatorios senón que constitúen pezas de código. Hai outras opcións: cacho, retallo, retrinco, bocado, anaco Saíndome un pouco das aproximacións que temos ata agora, propoñería "*cacho*" ou mesmo "cachiño" porque non se asocia a ningunha materia en concreto, e nese sentido é xenérico pero mantén o rexistro informal orixinal, o cal me parece moi relevante e que non pode dar a palabra fragmento (palabra culta). Permite unha especialización na localización, un cacho pode ser unha porción estruturada de materia ou de tempo e non o temos en uso: é transparente para calquera usuario, incluso para desenvolvedores :-) e ademais tería unha implantación doada porque non é unha palabra especialmente numerosa ; como segunda opción, si, fragmento por apoiar a opción actualmente maioritaria e concordante con outras linguas, especialmente no subcampo dos IDE. Como última opción, deixar snippet tamén sería aceptábel se o termo aparece illadamente. 2009/11/17 mvillarino <[email protected]> > @fran, @meixome: > Falando de snippet, por que anaco/fragmento? (respectivamente) > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

