> Engado, xusto no sentido contrario do que di Leandro, sentíndoo moito: > > Tamén entran en xogo a tradución de chunk e slice, tamén traducidas como > anaco, fragmento, segmento, sección
O problema non é que haxa varios termos en inglés para referirse a iso. O problema está en que nos vexamos obrigados a traducir nun mesmo contexto dous termos que adoitamos traducir igual. Por certo, con iso de que snippet é un «fragmento pequeno», temos a posibilidade de engadirlle o sufixo -iño a todas as propostas ata o momento XD

