Non teño moita idea de Python, sonvos de outras linguaxes, mais quixera comentar de que habería que estudar máis a fondo o significado de EGG.

Como damufo e Leandro anticiparon poden ter bastante significado de por si e posibelmente os autores orixinais do sistema de empaquetado teñan algo que comentar e o non haxa que traducir.

Por poñer un exemplo en Ruby temos as gem que son basicamente o mesmo que os módulos de CPAN (Perl) ou os módulos de PEAR (PHP) e nós en particular si que o traducimos como xemas.

Falo desde o descoñecemento e sería bo profundizar un pouco niso.

Saúdos

Leandro Regueiro wrote:
   Se non hai ningunha cadea "Plugins", quizais "Engadidos" abonde, non?


A verdade e que temos:
Plugins
Plugin
Select the Plugin
Plugin Eggs
_Install Plugin
_Rescan Plugins
_Find More Plugins

:-(
Parece que se trata dun tipo de engadido cun formato especifico o Egg.
Poida que "Engadidos EGG" che sirva.

Isto ven dos vídeos de Monty Python, concretamente daquela escena onde
lle recitaban o menú aos viquingos e só tiñan pratos consistentes
nunha combinación de "spam" e "eggs" (ovos e spam). De aquí saíu tamén
"spam" para refirirse a algo molesto e repetitivo, concretamente o
correo lixo.

Ou sexa, que se podería traducir como "Ovos do engadido", "Ovos de engadidos"...


Responderlle a