> Ola, igual non é boa opción xa que comentaches que deberían estar no > Launchpad, pero en http://trasno.net/outros:inicio hai unha boa lista > de programas, algúns dos cales aínda están sen comezar e outros que > están incompletos. Xa de entrada eu cedería o Tuxpaint. > > Hai outros como o Pgadmin3 que levan tempo sen actualizar. No caso do > Pgadmin3 quedan mais de 300 cadeas, pero o ficheiro ten mais de 1000, > así que quizais non sexa boa idea.
Tamén se me ocorre que se poderían repartir anacos de Fedora: https://translate.fedoraproject.org/languages/gl/collection/fedora/fedora-13/ aínda que para envialos de volta alguén se tería que dar de alta e conseguir permisos, e polo que vin o proceso da unha dor de cabeza incrible. Liferea xa son 500 cadeas: https://translations.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/liferea/+pots/liferea/gl/+translate Ou Skencil que serían mais de 400 cadeas (non atopei sección de tradución).

