Temos pendente debater máis en profundidade a adaptación ou non de daemon.
- é un acrónimo ou debemos consideralo termo simple - debe adaptarse ou non - no caso de ser adaptar : demoño/demo/diabo/diabro? - no caso de non se adaptar: maiúsculas ou minúsculas Que fan as linguas romances da nosa contorna? Que documentación podemos achegar en galego? Cal é o custo de traballo da decisión que tomemos? Como se implementa? A miña opinión de partida: debe adaptarse, preferencia pola variante máis formal ou etimolóxica "demoño". Un detalle con "demo" no ámbito do software : o demo/a demo ? Antón Á parte deste, temos outro debate sobre delete, erase, remove ... moi interesante tamén pendente.

