> Temos pendente debater máis en profundidade a adaptación ou non de daemon. > > - é un acrónimo ou debemos consideralo termo simple > - debe adaptarse ou non > - no caso de ser adaptar : demoño/demo/diabo/diabro? > - no caso de non se adaptar: maiúsculas ou minúsculas > > Que fan as linguas romances da nosa contorna? > Que documentación podemos achegar en galego? > Cal é o custo de traballo da decisión que tomemos? Como se implementa? > > A miña opinión de partida: debe adaptarse, preferencia pola variante > máis formal ou etimolóxica "demoño". Un detalle con "demo" no ámbito > do software : o demo/a demo ?
Despois hei recoller máis cousas, pero polo de agora pódese mirar http://en.wikipedia.org/wiki/Daemon_(computer_software), concretamente a sección Terminology. Tamén: http://ca.wikipedia.org/wiki/Dimoni_(programa) http://es.wikipedia.org/wiki/Demonio_(inform%C3%A1tica) http://it.wikipedia.org/wiki/Demone_(informatica) http://fr.wikipedia.org/wiki/Daemon http://pt.wikipedia.org/wiki/Daemon_(aplicativo_para_computadores) Ter en conta que o que pon na Wikipedia a miúdo non é o mesmo que o que se usa principalmente nas traducións. O dito, despois recollo máis información. > Á parte deste, temos outro debate sobre delete, erase, remove ... moi > interesante tamén pendente. Fío separado por favor.

