Buffff, Leandro estame a poñer a proba....
Estiven a facer algunhas cousas, de momento estes son os resultados: # Hai que cambiar a regra "PT-2011_framework" para incluír tamén a # posibilidade de traducilo como «marco de desenvolvemento». Feito # Hai que cambiar a regra "PT-2011_key" porque tamén se pode traducir # como «chave»(para cifrar ou codificar) e como «clave»(identificador # único para obter datos nun dicionario, matriz ou BD). Feito # Falta a regra para «clipboard» que se traduce como «portapapeis». Feito # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_chat" porque tamén se pode # traducir como «conversar». Feito # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_download" porque tamén se # pode traducir como «descarga». Feito # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_upload" porque tamén se pode # traducir como «envío». Feito # Falta a regra para «remove» que se traduce como «retirar» ou como # «desinstalar»(cando se trata dun paquete de software). Feito # Falta a regra para «delete» que se traduce como «eliminar». Feito # Falta a regra para «valid» que se traduce como «correcto/a». Feito # Faltan as regras para «addon» e «add-on», «extension», «complement» # que se poden traducir como «complemento» e como «engadido». Feito # Falta a regra para «roll back» que se traduce como «regresar». Quizais # se poida incluír na regra "PT-2011_rollback". Feito # Falta a regra para «encryption». Quizais se poida incluír na regra # "PT-2011_encrypt". Si, debería cachala esa regra. # Falta a regra para «decryption». Quizais se poida incluír na regra # "PT-2011_decrypt". Si, debería cachala esa regra # # Falta a regra para «username», «user name», «login», «login name» que # se traducen como «nome de usuario». Feito # Falta a regra para «environment» que se traduce como «ambiente». Non faltaba, tiña o nome co ano errado (2011 no canto de 2012) # Falta a regra para «empty» que se traduce como «baleiro/a» ou «baleirar». Feito # Falta a regra para «change» que se traduce como «cambio» ou «cambiar». Feito # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_highlight" para indicar que # tamén se traduce como «realce». Feito # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_buffer" para indicar que o # plural é «búferes». Feito # Non entendo por que a regra "noPT-2011_develop" ten un identificador # «noPT», segundo o que vexo segue perfectamente os acordos. Supoño que foi un erro copiando e apegando # Falta a regra para «development» que se traduce como «desenvolvemento». Vaaale # Falta a regra para «developer» que se traduce como «desenvolvedor». Vaaale # Falta a regra para «provider» que se traduce como «fornecedor». En que non te satisfai a regra "noPT-2011_provide"? # Falta a regra para «replace» e «replacement» que se traducen como # «substitución». En que non te satisfai a regra "noPT-2011_replace"? # Falta a regra para «app» que se traduce como «aplicativo». Feito. Agora que o penso, nunha mensaxe anterior dicias algo que afectaba a esta regra. # # Falta a regra para «launch» que se traduce como «inicio» e «iniciar». Ondiá! resulta que a metera en: id="PT-2011-gl_lanzar" (controlledLang.rules) Feito # Falta a regra para «launcher» que se traduce como «iniciador». Feito (pero de má gana: a anterior debería saltar nesta se fose traducida dun xeito "arcaico". # Falta a regra para «paste» que se traduce como «pegar». # # Falta a regra para «audio» e «sound» que se traducen como «son». En que non te satisfai a regra con id="PT-2011-gl_audio" ? Tamén estiven a pensar que, tal vez, para non perde ningunha das mensaxes coas correccións a facer, quen sabe, podería ser interesante facer unha páxina wiki. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto