#  Falta a regra para «rename» que se traduce como «renomear».

Feito +/-

#  Falta a regra para «erase» que se traduce como «borrar».

Borrar

#  Sería recomendábel modificar a regra id="PT-2011_undo" (ou facer unha
#  nova regra) para incluír a posibilidade de que «undone» se traduza
#  como «desfeito/a».

Feito (na mesma  regra)

#  Hai que cambiar a regra "PT-2011_applet" porque se acordou que
#  «applet» se traduciría como «miniaplicativo» ou como «trebello»
#  dependendo do contexto.

Vaaale

#
#  Hai que cambiar a regra "PT-2011_keyword" para indicar que só é válido
#  «palabra clave». Ademais non admite a posibilidade de que no texto
#  orixinal apareza «key word».

Non entendo: non era que unha era para buscas e outra paraa accesos?

#
#  Corrixir o typo do hint da regra "PT-2011_backend". Ademais hai que
#  engadir a posibilidade de que apareza como «back end» ou «back-end»
#  ademais de como «backend».

Feito

#
#  Incluír na regra "PT-2010_search" a comprobación de que non se
#  traducira como «busqueda» (sen til) xa que hai xente que a escribe
#  mal.

Feito

#  Cambiar a regra "noPT-2010_find" para que non indique que se pode
#  traducir como «buscar». Supoño que se puxo debido a «find out», pero
#  pódese indicar na regra que evite eses casos.

Feito

#  Na regra "PT-2011_initialize" falta incluír a posibilidade de que só
#  apareza «init», tanto para o substantivo como para o verbo, no texto
#  orixinal. Exemplo:
#
#  ----------------------------------------
#  gconf.master.gl.po:2153(#379)
#  #: ../gconf/gconftool.c:859
#  #, c-format
#  msgid "Failed to init GConf: %s\n"
#  msgstr "Produciuse un erro ao inicializar GConf: %s\n"
#  [note] rule [id=PT-2011-dual_initialize] ==> [ «inicializar» traduce a
#  «initialize»
#  ----------------------------------------

Esta de momento non a vou facer; debería falarse disto, xa que tamén é
habitual que "init" se traduza como "inicio"

#  Esta regra chámase "PT-2012-expression_failed-to"
#
#  Mirar comentarios da seguinte regra.
#
#  >>>> > PT-2012-expression_failed.
#  >
#  > Esta regra chámase "noPT-2012-expression_failed."
#
#
#  «fail» tradúcese tanto como «fallo» como «fallar» e a regra
#  "PT-2011_fail" só contempla a primeira posibilidade.
#
#  Ademais "PT-2011_fail" salta cando aparece «failed» e interfire
#  moitisimo coas regras "noPT-2012-expression_failed."  e
#  "PT-2012-expression_failed-to", polo que habería que investigar a
#  posibilidade de modificar as regras para minimizar os falsos positivos
#  de  "PT-2011_fail". Exemplos disto:
#
#  ----------------------------------------
#  gconf.master.gl.po:495(#86)
#  #: ../backends/xml-entry.c:730
#  #, c-format
#  msgid "Failed reading default value for schema: %s"
#  msgstr "Produciuse un erro ao ler o valor predeterminado para o esquema: %s"
#  [note] rule [id=PT-2011_fail] ==> [ «fail» e relacionados tradúcense
#  como «fallo»
#  ----------------------------------------
#  gconf.master.gl.po:1390(#244)
#  #: ../gconf/gconf.c:2338
#  #, c-format
#  msgid "Adding client to server's list failed, CORBA error: %s"
#  msgstr "Produciuse un erro ao engadir o cliente á lista do servidor,
#  erro de CORBA: "
#  [note] rule [id=PT-2011_fail] ==> [ «fail» e relacionados tradúcense
#  como «fallo»
#  ----------------------------------------
#
#  Isto quizais se poida conseguir acotando os casos nos que aparecen as
#  frases feitas con «failed» e «failed to». Por exemplo sempre que
#  «failed to» aparece ao comezo da cadea, ou despois dun punto, ou
#  despois dos dous puntos ou despois dun paréntese de apertura é unha
#  frase feita (observei centos de cadeas e non atopei fallos nesta
#  observación) e case tamén engadiria que despois de punto e coma e de
#  coma tamén é así. Algo semellante acontece cando «failed» aparece ao
#  final dunha frase, ou da cadea. Cando «failed to» e «failed» aparecen
#  polo medio dunha frase é cando a veces a tradución «Producise un erro
#  ao...» non se axusta ben.

A) As expresións "Failed + ing" non estaban entre as acordadas (si as
ing+failed.), polo que non poido
poñer iso tan alegramente. Poido poñer unha excepción na regra para o
ambiente "gnome" e máis ou menos arranxala.

B) Axustei as regras do «failed to» e do «fail», a ver se agora vai mellor.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a