2012/8/17 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/8/17 mvillarino <[email protected]>: >> Buffff, Leandro estame a poñer a proba.... >> >> >> Estiven a facer algunhas cousas, de momento estes son os resultados:
Estiven revisando o traballo que fixeches e teño algunhas notas adicionais. >> # Hai que cambiar a regra "PT-2011_framework" para incluír tamén a >> # posibilidade de traducilo como «marco de desenvolvemento». >> >> Feito Por favor, cambia o hint da regra para que indique que tamén se pode traducir como «marco de desenvolvemento» >> # Hai que cambiar a regra "PT-2011_key" porque tamén se pode traducir >> # como «chave»(para cifrar ou codificar) e como «clave»(identificador >> # único para obter datos nun dicionario, matriz ou BD). >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «clipboard» que se traduce como «portapapeis». >> >> Feito A regra "PT-2011_clipboard" non comproba que se traduce como «portapapeis» senón como «portarretallos». Hai que cambialo, tamén no hint. E tamén a regra "dual". >> # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_chat" porque tamén se pode >> # traducir como «conversar». >> >> Feito >> >> # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_download" porque tamén se >> # pode traducir como «descarga». >> >> Feito >> >> # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_upload" porque tamén se pode >> # traducir como «envío». >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «remove» que se traduce como «retirar» ou como >> # «desinstalar»(cando se trata dun paquete de software). >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «delete» que se traduce como «eliminar». >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «valid» que se traduce como «correcto/a». >> >> Feito >> >> # Faltan as regras para «addon» e «add-on», «extension», «complement» >> # que se poden traducir como «complemento» e como «engadido». >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «roll back» que se traduce como «regresar». Quizais >> # se poida incluír na regra "PT-2011_rollback". >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «encryption». Quizais se poida incluír na regra >> # "PT-2011_encrypt". >> >> Si, debería cachala esa regra. Hai que actualizar logo o hint para incluír «encryption» => «cifrado» >> # Falta a regra para «decryption». Quizais se poida incluír na regra >> # "PT-2011_decrypt". >> >> Si, debería cachala esa regra Hai que actualizar logo o hint para incluír «decryption» => «descifrado» >> # Falta a regra para «username», «user name», «login», «login name» que >> # se traducen como «nome de usuario». >> >> Feito >> >> # Falta a regra para «environment» que se traduce como «ambiente». >> >> Non faltaba, tiña o nome co ano errado (2011 no canto de 2012) Hai que cambiar o identificador da regra "noPT-2012_environment" porque parece seguir os acordos das Trasnadas >> # Falta a regra para «empty» que se traduce como «baleiro/a» ou «baleirar». >> >> Feito Hai que actualizar hint da regra "PT-2011_empty" para indicar que tamén se pode traducir como «baleirar» >> # Falta a regra para «change» que se traduce como «cambio» ou «cambiar». >> >> Feito Hai que actualizar hint da regra "PT-2011_change" para indicar que tamén se pode traducir como «cambio». Hai que facer a regra dual para comprobar que «cambio» traduce a «change» >> # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_highlight" para indicar que >> # tamén se traduce como «realce». >> >> Feito Poderiase facer unha regra para comprobar que «realzado» só aparece cando no texto orixinal aparece «highlighted»? Pido isto porque hai xente que tende a usar «realzado» como substantivo en vez de «realce». >> # Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_buffer" para indicar que o >> # plural é «búferes». >> >> Feito >> >> # Non entendo por que a regra "noPT-2011_develop" ten un identificador >> # «noPT», segundo o que vexo segue perfectamente os acordos. >> >> Supoño que foi un erro copiando e apegando >> >> # Falta a regra para «development» que se traduce como «desenvolvemento». >> >> Vaaale >> >> # Falta a regra para «developer» que se traduce como «desenvolvedor». >> >> Vaaale Hai que actualizar hint da regra "PT-2011_develop" para indicar «development» => «desenvolvemento» e «developer» => «desenvolvedor». >> # Falta a regra para «provider» que se traduce como «fornecedor». >> >> En que non te satisfai a regra "noPT-2011_provide"? > > Creo que onte non me funcionou así. Había unha cadea orixinal na que > aparecía «provider» e na tradución aparecía «proporcionador» (se non > lembro mal) e a regra non saltaba. Non lembro exactamente, pero pode > que fora porque aparecía «fornecer» na frase. Despois de todas estas > actualizacións que estás facendo (moitísimas grazas Marce) volveremos > darlle unha pasada a GNOME e a ver que regras fallan. > > En todo caso pódese actualizar o hint para indicar que «provider» se > traduce como «fornecedor». > >> # Falta a regra para «replace» e «replacement» que se traducen como >> # «substitución». >> >> En que non te satisfai a regra "noPT-2011_replace"? > > Creo que é outra regra que me fallou no «campo de batalla» :). Agora > mesmo non sabería dicirche ningún caso real (a menos que cho indicara > nas mensaxes que che enviei estes últimos días). En todo caso > poderiase incluír no hint da regra que «replacement» e «replace» (como > substantivo) se traducen como «substitución». > >> # Falta a regra para «app» que se traduce como «aplicativo». >> >> Feito. >> Agora que o penso, nunha mensaxe anterior dicias algo que afectaba a esta >> regra. >> >> # >> # Falta a regra para «launch» que se traduce como «inicio» e «iniciar». >> >> Ondiá! resulta que a metera en: id="PT-2011-gl_lanzar" (controlledLang.rules) >> Feito >> >> # Falta a regra para «launcher» que se traduce como «iniciador». >> >> Feito (pero de má gana: a anterior debería saltar nesta se fose >> traducida dun xeito "arcaico". >> >> # Falta a regra para «paste» que se traduce como «pegar». >> # >> # Falta a regra para «audio» e «sound» que se traducen como «son». >> >> En que non te satisfai a regra con id="PT-2011-gl_audio" ? > > En que esa regra non contempla o caso de que no texto orixinal > aparezan «audio» ou «sound». Só salta cando na tradución aparece > «audio» para indicar que hai que traducilo como «son». > > >> Tamén estiven a pensar que, tal vez, para non perde ningunha das >> mensaxes coas correccións a facer, quen sabe, podería ser interesante >> facer unha páxina wiki. > > Quizais. Aínda que non vexo por que se había perder nada. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

