Ola, son Cristian Estévez, estoume encargando da tradución da última versión de Wordpress ó galego. No pasado a tradución estivo ó cargo de xente que non tiña relación directa con trasno.
Estou empregando as traducións que realizaron de anteriores versións como base de datos terminolóxica. Vin que entre as traducións que realizaran traduciran Widget (unha palabra que en WordPress se mantén nas diferentes traducións intacta por ser terminoloxía propia do software) como trebello. A miña dúbida é se debería manter Widget ou empregar a tradución que xa se usara previamente noutras versións. Ó mantela respectaríase a coherencia con outras versións de WordPress (inda que, debido ó desactualizado que está, resulta pouco probable que haxa moita xente que siga empregandoo en galego), pero tamén se dificultaría en boa medida a resolución de dúbidas ós usuarios, sobre todo ós noveles, xa que se necesitan buscar algún tipo de información na rede non saberán como chamalo noutro idioma. Un saúdo
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

