Boas de novo,

eu non apuntaba á coherencia coas versións anteriores, senón coas versións
noutros idiomas, nas que se manteñen por norma xeral catro palabras que se
converteron en terminoloxía propia de wordpres: widget, plugin, trackback e
pingback. É certo que por similitude poderíamos aportar unha tradución a
cada unha desas palabras, pero considero que existen diferencias
suficientes como para non ser un equivalente perfecto.

Cada un deses elementos ten unhas características propias que o diferencian
de outros elementos similares que podemos ver noutros tipos de software. É
por iso que dubido que sexa correcto traducir neste caso, xa que, como xa
mencionei, non temos un equivalente e, ademais, estaríamos realizando unha
tradución dunha terminoloxía propia, sen equivalentes reais noutros
softwares.

Saudiña


2012/11/28 damufo <dam...@gmail.com>

> Boas
>
> En 28/11/2012 8:49, Xose M escribiu:
>
>  Olá
>> os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos, pequenas pezas
>> cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar
>> información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de tempo de
>> twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns
>> externas,...  Son as "cousas" que se ven nos laterais das bitácoras (ou
>> ao pé).
>> A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que describa o
>> que significa widget neste caso. Eu por trebello entendo algo físico,
>> hardware, e se non atopas nada mellor pois eu seguiría usando widget sen
>> traducir. Dado que son pequenas pezas de código cunha función
>> establecida e acotada eu creo que incluso se podería tratar como
>> "aplicativo", un programa vamos.
>>
>> saúdos a rolda
>>
>>
> Tamén tes razón... visto así sería un engadido, módulo ou complemento
> (isto é o que se emprega en Joomla!).
>
> Vaia! agora xa temos varias traducións posíbeis... máis razóns para non
> deixar sen traducir.
>
> A todo isto, grazas Cristian! por ocuparte da tradución do wordpress.
>
>
>  2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com
>> <mailto:adriyetichaves@gmail.**com <adriyeticha...@gmail.com>>>
>>
>>     __
>>
>>
>>     A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema,
>>     senón non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que
>>     a tradución correcta sería «trebello», dado que non se trata de
>>     simples elementos gráficos, senón que un «widget» pode ser case
>>     calquera cousa (gráfica).
>>
>>     Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non
>>     «Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei
>>     ben por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula
>>     inicial na tradución).
>>
>>     Un saúdo!
>>
>>     O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida
>>     escribiu:
>>
>>     En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un
>>     programa especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa
>>     funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo
>>     que é a opción que máis se achega e así mantense a coherencia co
>>     resto de versións de Wordpress.
>>
>>
>>     ______________________________**_________________
>>     Proxecto mailing list
>>     Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>     
>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>
>>
>>
>>
>> --
>> *Xose M*
>>
>> ----------------
>> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
>> ----------------
>>
>>
>>
>> ______________________________**_________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>
>>  ______________________________**_________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a