Insisto... debe (IMHO) traducirse todo.

Unha cousa que atopei no foro de "es" de wodrpres:
¿Algun@ sabe cómo quitar del *Widget Comentarios* los pingback que aparecen
como si fueran comentarios?

e unha entrada que atopei no Google+
Será cosa mía, pero sinceramente, cada vez que escucho a alguien soltando
una palabra en inglés por cada frase en español que dice, siento vergüenza
ajena.

:-)

widget → está fixado como: trebello
plugin → está fixado como: engadido/complemento (segundo a estrutura)
trackback → non está fixado, eu emprego retroacceso
pingback → non está fixado nin discutido, nunca se me deu o caso

engadir estes termos para unha Trasnada?

2012/11/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>

>  Boas de novo,
>
> eu non apuntaba á coherencia coas versións anteriores, senón coas versións
> noutros idiomas, nas que se manteñen por norma xeral catro palabras que se
> converteron en terminoloxía propia de wordpres: widget, plugin, trackback e
> pingback. É certo que por similitude poderíamos aportar unha tradución a
> cada unha desas palabras, pero considero que existen diferencias
> suficientes como para non ser un equivalente perfecto.
>
> Cada un deses elementos ten unhas características propias que o
> diferencian de outros elementos similares que podemos ver noutros tipos de
> software. É por iso que dubido que sexa correcto traducir neste caso, xa
> que, como xa mencionei, non temos un equivalente e, ademais, estaríamos
> realizando unha tradución dunha terminoloxía propia, sen equivalentes reais
> noutros softwares.
>
> Saudiña
>
>
> 2012/11/28 damufo <dam...@gmail.com>
>
>> Boas
>>
>> En 28/11/2012 8:49, Xose M escribiu:
>>
>>  Olá
>>> os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos, pequenas pezas
>>> cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar
>>> información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de tempo de
>>> twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns
>>> externas,...  Son as "cousas" que se ven nos laterais das bitácoras (ou
>>> ao pé).
>>> A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que describa o
>>> que significa widget neste caso. Eu por trebello entendo algo físico,
>>> hardware, e se non atopas nada mellor pois eu seguiría usando widget sen
>>> traducir. Dado que son pequenas pezas de código cunha función
>>> establecida e acotada eu creo que incluso se podería tratar como
>>> "aplicativo", un programa vamos.
>>>
>>> saúdos a rolda
>>>
>>>
>> Tamén tes razón... visto así sería un engadido, módulo ou complemento
>> (isto é o que se emprega en Joomla!).
>>
>> Vaia! agora xa temos varias traducións posíbeis... máis razóns para non
>> deixar sen traducir.
>>
>> A todo isto, grazas Cristian! por ocuparte da tradución do wordpress.
>>
>>
>>  2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com
>>> <mailto:adriyetichaves@gmail.**com <adriyeticha...@gmail.com>>>
>>>
>>>     __
>>>
>>>
>>>     A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema,
>>>     senón non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que
>>>     a tradución correcta sería «trebello», dado que non se trata de
>>>     simples elementos gráficos, senón que un «widget» pode ser case
>>>     calquera cousa (gráfica).
>>>
>>>     Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non
>>>     «Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei
>>>     ben por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula
>>>     inicial na tradución).
>>>
>>>     Un saúdo!
>>>
>>>     O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida
>>>     escribiu:
>>>
>>>     En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un
>>>     programa especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa
>>>     funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo
>>>     que é a opción que máis se achega e así mantense a coherencia co
>>>     resto de versións de Wordpress.
>>>
>>>
>>>     ______________________________**_________________
>>>     Proxecto mailing list
>>>     Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>>     
>>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> *Xose M*
>>>
>>> ----------------
>>> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
>>> ----------------
>>>
>>>
>>>
>>> ______________________________**_________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>>
>>>  ______________________________**_________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a