Boas

En 28/11/2012 8:49, Xose M escribiu:
Olá
os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos, pequenas pezas
cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar
información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de tempo de
twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns
externas,...  Son as "cousas" que se ven nos laterais das bitácoras (ou
ao pé).
A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que describa o
que significa widget neste caso. Eu por trebello entendo algo físico,
hardware, e se non atopas nada mellor pois eu seguiría usando widget sen
traducir. Dado que son pequenas pezas de código cunha función
establecida e acotada eu creo que incluso se podería tratar como
"aplicativo", un programa vamos.

saúdos a rolda


Tamén tes razón... visto así sería un engadido, módulo ou complemento (isto é o que se emprega en Joomla!).

Vaia! agora xa temos varias traducións posíbeis... máis razóns para non deixar sen traducir.

A todo isto, grazas Cristian! por ocuparte da tradución do wordpress.


2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com
<mailto:adriyeticha...@gmail.com>>

    __

    A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema,
    senón non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que
    a tradución correcta sería «trebello», dado que non se trata de
    simples elementos gráficos, senón que un «widget» pode ser case
    calquera cousa (gráfica).

    Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non
    «Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei
    ben por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula
    inicial na tradución).

    Un saúdo!

    O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida
    escribiu:

    En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un
    programa especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa
    funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo
    que é a opción que máis se achega e así mantense a coherencia co
    resto de versións de Wordpress.


    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




--
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a