Olá
os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos, pequenas pezas
cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar
información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de tempo de
twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns externas,...
Son as "cousas" que se ven nos laterais das bitácoras (ou ao pé).
A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que describa o que
significa widget neste caso. Eu por trebello entendo algo físico, hardware,
e se non atopas nada mellor pois eu seguiría usando widget sen traducir.
Dado que son pequenas pezas de código cunha función establecida e acotada
eu creo que incluso se podería tratar como "aplicativo", un programa vamos.

saúdos a rolda

2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> **
>
> A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema, senón
> non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que a tradución
> correcta sería «trebello», dado que non se trata de simples elementos
> gráficos, senón que un «widget» pode ser case calquera cousa (gráfica).
>
>
>
> Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non «Widget»
> (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei ben por que,
> pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula inicial na tradución).
>
>
>
> Un saúdo!
>
>
>
> O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida
> escribiu:
>
> En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un programa
> especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa funcionalidade
> dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo que é a opción que máis
> se achega e así mantense a coherencia co resto de versións de Wordpress.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a