2012/11/28 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Insisto... debe (IMHO) traducirse todo. > > Unha cousa que atopei no foro de "es" de wodrpres: > ¿Algun@ sabe cómo quitar del Widget Comentarios los pingback que aparecen > como si fueran comentarios? > > e unha entrada que atopei no Google+ > Será cosa mía, pero sinceramente, cada vez que escucho a alguien soltando > una palabra en inglés por cada frase en español que dice, siento vergüenza > ajena. > > :-) > > widget → está fixado como: trebello > plugin → está fixado como: engadido/complemento (segundo a estrutura) > trackback → non está fixado, eu emprego retroacceso > pingback → non está fixado nin discutido, nunca se me deu o caso > > engadir estes termos para unha Trasnada?
Engadidos. Respecto de «widget», despois de ler as mensaxes enviadas eu traduciriao como «trebello». Non traducir pode levar a problemas de comprensión para os usuarios. Intentar manter a coherencia con outros idiomas tampouco é boa idea xa que a tradución ao galego débelle facilitar a utilización do software aos usuarios galegos e non aos de todos os idiomas. E por suposto se as traducións anteriores están mal feitas ou sen mellorables, hai que cambialas a pesar de romper a coherencia co que había antes. Ademais é bastante importante manter a coherencias nas traducións dentro do mesmo idioma, independentemente do software do que se trate, xa que un usuario galego usará o WordPress, pero tamén pode estar empregando KDE ou GNOME e moitos outros programas, e que todos eles teñan traducións consistentes sen importar o software que sexa facilitaralle a vida ao usuario. Deica > 2012/11/28 Cristian Estévez Hermida <[email protected]> >> >> Boas de novo, >> >> eu non apuntaba á coherencia coas versións anteriores, senón coas versións >> noutros idiomas, nas que se manteñen por norma xeral catro palabras que se >> converteron en terminoloxía propia de wordpres: widget, plugin, trackback e >> pingback. É certo que por similitude poderíamos aportar unha tradución a >> cada unha desas palabras, pero considero que existen diferencias suficientes >> como para non ser un equivalente perfecto. >> >> Cada un deses elementos ten unhas características propias que o >> diferencian de outros elementos similares que podemos ver noutros tipos de >> software. É por iso que dubido que sexa correcto traducir neste caso, xa >> que, como xa mencionei, non temos un equivalente e, ademais, estaríamos >> realizando unha tradución dunha terminoloxía propia, sen equivalentes reais >> noutros softwares. >> >> Saudiña >> >> >> >> 2012/11/28 damufo <[email protected]> >>> >>> Boas >>> >>> En 28/11/2012 8:49, Xose M escribiu: >>> >>>> Olá >>>> os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos, pequenas pezas >>>> cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar >>>> información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de tempo de >>>> twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns >>>> externas,... Son as "cousas" que se ven nos laterais das bitácoras (ou >>>> ao pé). >>>> A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que describa o >>>> que significa widget neste caso. Eu por trebello entendo algo físico, >>>> hardware, e se non atopas nada mellor pois eu seguiría usando widget sen >>>> traducir. Dado que son pequenas pezas de código cunha función >>>> establecida e acotada eu creo que incluso se podería tratar como >>>> "aplicativo", un programa vamos. >>>> >>>> saúdos a rolda >>>> >>> >>> Tamén tes razón... visto así sería un engadido, módulo ou complemento >>> (isto é o que se emprega en Joomla!). >>> >>> Vaia! agora xa temos varias traducións posíbeis... máis razóns para non >>> deixar sen traducir. >>> >>> A todo isto, grazas Cristian! por ocuparte da tradución do wordpress. >>> >>> >>>> 2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <[email protected] >>>> <mailto:[email protected]>> >>>> >>>> __ >>>> >>>> >>>> A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema, >>>> senón non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que >>>> a tradución correcta sería «trebello», dado que non se trata de >>>> simples elementos gráficos, senón que un «widget» pode ser case >>>> calquera cousa (gráfica). >>>> >>>> Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non >>>> «Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei >>>> ben por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula >>>> inicial na tradución). >>>> >>>> Un saúdo! >>>> >>>> O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida >>>> escribiu: >>>> >>>> En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un >>>> programa especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa >>>> funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo >>>> que é a opción que máis se achega e así mantense a coherencia co >>>> resto de versións de Wordpress. >>>> >>>> >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] <mailto:[email protected]> >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> >>>> >>>> >>>> >>>> -- >>>> *Xose M* >>>> >>>> ---------------- >>>> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. >>>> ---------------- >>>> >>>> >>>> >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

