A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema, senón non se 
mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que a tradución correcta 
sería «trebello», dado que non se trata de simples elementos gráficos, senón 
que un «widget» pode ser case calquera cousa (gráfica).

Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non «Widget» (vexo 
que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei ben por que, pero non hai 
motivo para poñelo sempre con maiúscula inicial na tradución).

Un saúdo!

O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida escribiu:

En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un programa 
especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa funcionalidade dun 
botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo que é a opción que máis se 
achega e así mantense a coherencia co resto de versións de Wordpress.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a