Eu traduzo sempre. Se seguimos o criterio de que "non se atopan solucións en google" levaríanos a non traducir nunca nada.
2012/11/27 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2012/11/27 Cristian Estévez Hermida <[email protected]>: > > Ola, > > > > son Cristian Estévez, estoume encargando da tradución da última versión > de > > Wordpress ó galego. No pasado a tradución estivo ó cargo de xente que non > > tiña relación directa con trasno. > > > > Estou empregando as traducións que realizaron de anteriores versións como > > base de datos terminolóxica. Vin que entre as traducións que realizaran > > traduciran Widget (unha palabra que en WordPress se mantén nas diferentes > > traducións intacta por ser terminoloxía propia do software) como > trebello. > > > > A miña dúbida é se debería manter Widget ou empregar a tradución que xa > se > > usara previamente noutras versións. Ó mantela respectaríase a coherencia > con > > outras versións de WordPress (inda que, debido ó desactualizado que está, > > resulta pouco probable que haxa moita xente que siga empregandoo en > galego), > > pero tamén se dificultaría en boa medida a resolución de dúbidas ós > > usuarios, sobre todo ós noveles, xa que se necesitan buscar algún tipo de > > información na rede non saberán como chamalo noutro idioma. > > Ola, > no Proxecto Trasno usamos diferentes traducións para «widget» > dependendo de cal sexa o concepto ao que se refire. Se estamos falando > dun «widget» gráfico, como un botón ou unha lapela, entón traducímolo > como «widget». Se se trata dun pequeno programa especializado e que > serve para mostrarlle ao usuario información, controlar algunhas > funcións específicas ou que actúan como reloxos, servizos de > mensaxería, etc... entón empregamos «trebello». Descoñezo cal é a > definición que mellor se axusta ao «widget» que aparece en WordPress. > > > Un saúdo > > Deica > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

