En 28/11/2012 7:45, Adrián Chaves Fernández escribiu:
A coherencia con versións anteriores non debería ser un problema, senón
non se mellora. En este caso concreto, precisamente, creo que a
tradución correcta sería «trebello», dado que non se trata de simples
elementos gráficos, senón que un «widget» pode ser case calquera cousa
(gráfica).
+1
Eu uso wordpress en galego e é claramente un trebello.



Se aínda así optas por «widget», procura empregar «widget» e non
«Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en maiúscula, non sei ben
por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con maiúscula inicial na
tradución).

Un saúdo!

O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian Estévez Hermida escribiu:

En realidade, está a medio camiño entre un botón gráfico e un programa
especializado, inda que o normal é que se empregue máis coa
funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget, xa que creo que é
a opción que máis se achega e así mantense a coherencia co resto de
versións de Wordpress.



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a