Boas Suso:

Moitas grazas por contar comigo.

Neste momento e até polo menos fin de ano 2010 teño unha carga de 
traballo moi elevada. Actualmente teño practicamente reducido a cero o 
tempo dispoñible para outras actividades. Incluso me está a custar levar 
a tradución do Joomla!.
Durante o que queda de ano teño tres principais ocupacións (traballo, 
estudos e máis un proxecto persoal) que me comen practicamente todo o 
meu tempo. Por todo o comentado, estame a custar compaxinar o traballo 
coa da tradución do software libre.

A miña intención é continuar facendo achegas puntuais, como levo facendo 
nos últimos tempos, aproveitando momentos de menos carga de traballo.

A día de hoxe, penso que non sería a persoa máis axeitada.

Saúdos

damufo

En 2010/02/27 01:14, suso escribiu:
> Boas,
>
> https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
>
> Como ben sabedes, o proceso de relevo en Mozilla é algo extremadamente
> delicado; o último costounos varios anos de exclusión.
>
> O tandem Ifrit + Xinelo demostrou ser capaz de garantir a continuidade da
> tradución. O mais adecuado neste caso sería reforzar o seu traballo coa
> coordenación de Damufo.
>
> Se él está de acordo e ninguén ten obxecións ou alternativa, farei a
> proposta para o relevo na rolda global.
>
> Saúdos,
>

Responderlle a