Leandro Regueiro escrebeu: > >> Eu non teño os coñecementos para ditas tarefas. Eu podo traducir e pouco > >> máis ;) > > > > No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas tampouco, e > > coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente hai que > > realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender, non?). Porén, e > > que > > o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a coordinador/a deberÃa > > ser alguén que leve máis tempo colaborando co proxecto, e con máis > > intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por ter demostrado un > > compromiso > > sólido e continuado que o/a faga merecer tal posto. Eu animo a que se > > candidate xente que leva máis tempo e/ou que coñeza ben o proceso. > > Que eu saiba, e quizais a miña información non sexa correcta de todo, > quen ten control sobre como se move a cousa e bagaxe, é quen o > traduciu en Mancomun ou xente que xa o deixou e non da a impresión de > querer volver, falo especificamente de Jacobo TarrÃo e de Francisco > Javier Rial. Outra cousa é que teñan disposición para meterse a > coordinadores. >
Polo momento a única persona que logrou obter a confianza da Fundación Mozilla para xestionar o que hai agora fun eu. Rial xa intentou obter a coordenación, sen éxito; Jacobo deixou a tradución antes de que cambiaran ao novo sistema; en canto á tradución de Mancomún procede de Imaxin. > > Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a iso > > acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se só > > aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra miña, > > porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non da > > informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC este > > mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que serÃa complicado ser > > admitido como coordinador co meu perfil. > > > > Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir e > > revisar, eu podo baleirar terminoloxÃa | xestionar memorias e dicionarios | > > facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer > > conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras > > cousas > > que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado, pero > > pouco > > a pouco. Isto dÃgoo para quen saiba o que hai que facer pero non se > > candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu axudo. > > > > Total, creo que teño máis prudencia que ganas. > > > > Unha pregunta, porque non o sei: Por canto tempo se asume o papel de > > coordinador/a? Hai unha rotación periódica ou algo asÃ? > > En principio ata que se farte :) Non hai ningunha regra escrita, que eu saiba. > Eu serÃa favorabel á idea de que houbera esa rotación periódica, mais este relevo será o primeiro que teña lugar neste proxecto, co cal tampouco temos tanta experiencia como para definir ese sistema. En todo caso é unha decisión que asume cada quen. No meu caso asumino primeiro para resolver o problema da inclusión do galego no repositorio oficial e depois para darlle continuidade á tradución cando o PP comezou a desmantelar Mancomún. Unha vez resoltos eses problemas entendo que a miña misión chegou ao seu fin e por iso propoño que fagamos o relevo agora. Sei que puxen o listón bastante alto, pero ningún de vós vai ter que obter financiación, negociar coa Xunta, contratar empresas nin xestionar personal hostil como me tocou facer a min. Ademais agora pode usarse a plataforma da Ciberirmandade, co cal todo é bastante mais fácil. Saúdos, -- http://susinho.pagina.de/
