Boas
Desde o meu descoñecemento de como vai a coordinación, penso que, se 
fora posible, era mellor que houbese dous coordinadores, un para o 
firefox e outro para o resto.
Cando me refiro a dous non é por separado senon que un fose o principal 
de firefox e secundario do resto e o outro ao revés.
Deste xeito repartiriase o traballo, e penso que faría máis lixeira a 
xestión.

En 2010/03/01 17:02, suso escribiu:
> Será estupendo entón poder seguir a contar contigo damufo tal como viñas
> facendo até agora; lembra tamén que tes a plataforma de galeguización da
> Ciberirmandade ao teu dispor por si che servira de axuda co Joomla (agora
> me entero que era a tí a quen había que darlle as grazas! :)
De nada!, eu xa partín de moito traballo e apoio feito, sobre todo por 
xente de ciberirmandade. Do que mais orgulloso me sinto é de que agora 
xa ven na instalación, vaia, de serie.
>
> Entón Manuel, Jesus... chega a vosa curiosidade a tanto como para
> asumirdes a coordenación, ou alomenos parte das tarefas asociadas?
> Contaríades co meu apoio, xa que tanto en OpenOffice.org como en GNOME xa
> din o relevo, co cal tería algo mais de tempo para adicarlle a Mozilla.
>
> Animádevos! :)
>
>
> damufo escrebeu:
>> Boas Suso:
>>
>> Moitas grazas por contar comigo.
>>
>> Neste momento e até polo menos fin de ano 2010 teño unha carga de
>> traballo moi elevada. Actualmente teño practicamente reducido a cero o
>> tempo dispoñible para outras actividades. Incluso me está a custar
>> levar a tradución do Joomla!.
>> Durante o que queda de ano teño tres principais ocupacións (traballo,
>> estudos e máis un proxecto persoal) que me comen practicamente todo o
>> meu tempo. Por todo o comentado, estame a custar compaxinar o traballo
>> coa da tradución do software libre.
>>
>> A miña intención é continuar facendo achegas puntuais, como levo
>> facendo nos últimos tempos, aproveitando momentos de menos carga de
>> traballo.
>>
>> A día de hoxe, penso que non sería a persoa máis axeitada.
>>
>> Saúdos
>>
>> damufo
>>
>> En 2010/02/27 01:14, suso escribiu:
>>> Boas,
>>>
>>> https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
>>>
>>> Como ben sabedes, o proceso de relevo en Mozilla é algo extremadamente
>>> delicado; o último costounos varios anos de exclusión.
>>>
>>> O tandem Ifrit + Xinelo demostrou ser capaz de garantir a continuidade da
>>> tradución. O mais adecuado neste caso sería reforzar o seu traballo coa
>>> coordenación de Damufo.
>>>
>>> Se él está de acordo e ninguén ten obxecións ou alternativa, farei a
>>> proposta para o relevo na rolda global.
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a