Será estupendo entón poder seguir a contar contigo damufo tal como viñas
facendo até agora; lembra tamén que tes a plataforma de galeguización da
Ciberirmandade ao teu dispor por si che servira de axuda co Joomla (agora
me entero que era a tí a quen había que darlle as grazas! :)

Entón Manuel, Jesus... chega a vosa curiosidade a tanto como para 
asumirdes a coordenación, ou alomenos parte das tarefas asociadas? 
Contaríades co meu apoio, xa que tanto en OpenOffice.org como en GNOME xa
din o relevo, co cal tería algo mais de tempo para adicarlle a Mozilla. 

Animádevos! :)


damufo escrebeu:
> Boas Suso:
>
> Moitas grazas por contar comigo.
>
> Neste momento e até polo menos fin de ano 2010 teño unha carga de  
> traballo moi elevada. Actualmente teño practicamente reducido a cero o  
> tempo dispoñible para outras actividades. Incluso me está a custar 
> levar a tradución do Joomla!.
> Durante o que queda de ano teño tres principais ocupacións (traballo,  
> estudos e máis un proxecto persoal) que me comen practicamente todo o  
> meu tempo. Por todo o comentado, estame a custar compaxinar o traballo  
> coa da tradución do software libre.
>
> A miña intención é continuar facendo achegas puntuais, como levo 
> facendo nos últimos tempos, aproveitando momentos de menos carga de 
> traballo.
>
> A día de hoxe, penso que non sería a persoa máis axeitada.
>
> Saúdos
>
> damufo
>
> En 2010/02/27 01:14, suso escribiu:
>> Boas,
>>
>> https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
>>
>> Como ben sabedes, o proceso de relevo en Mozilla é algo extremadamente
>> delicado; o último costounos varios anos de exclusión.
>>
>> O tandem Ifrit + Xinelo demostrou ser capaz de garantir a continuidade da
>> tradución. O mais adecuado neste caso sería reforzar o seu traballo coa
>> coordenación de Damufo.
>>
>> Se él está de acordo e ninguén ten obxecións ou alternativa, farei a
>> proposta para o relevo na rolda global.
>>
>> Saúdos,
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a