José Antonio S.A. wrote:
>Ola:
> Estamos motivando a xente para que axude na traducción de paquetes de
>Ubuntu.
>
> Gustaríame saber se existe algunha coordinación entre a traducción que
>se envía empregando a ferramenta de Ubuntu (launch-pad) e a traducción
>"oficial" (vía lista de trasno.net ou outras). Esto é, se existe
>duplicación de esforzos entre a traducción que fai Ubuntu e a oficial.
>
>Saú2
>José A. Salgueiro
>
>
>
Ola José Antonio,
Antes de nada desculpa(de) o ladrillo que ven a continuación. Anque a
pregunta é simple (¿Existe duplicación de esforzos?), creo que necesita
toda esta resposta. Para os impacientes: agora mesmo hai duplicación de
esforzos, pero espero que isto cambie.
Vou tentar resumir nunha serie de puntos como está funcionando Rosetta
agora e como se supón vai ser a situación futura.
*DESCRICIÓN DE ROSETTA:*
Rosetta é unha ferramenta de tradución (bastante recente) que aloxa
diferentes proxectos:
* Ubuntu (coas aplicacións que inclúe): As traducións feitas
neste proxecto incorpóranse na distribución de Ubuntu, pero
non se mandan automaticamente (actualmente, salvo algunha
excepción) ao proxecto oficial ("upstream")
* Equipos de tradución de diferentes aplicacións (por exemplo o
Gnome dalgún idioma, OpenOffice, etc.): Como é a ferramenta
oficial, o que se traduce incorpórase na aplicación.
Aínda está en desenvolvemento, a sincronización (automática) cos
proxectos oficiais é algo no que están traballando.
*FUTURO:
*
Pretenden que as traducións que se fagan en Rosetta para Ubuntu (ou
para calquer proxecto) se sincronicen de xeito automático co
proxecto oficial.
De momento isto téñeno implementado (ou case) para aqueles proxectos
que utilicen /Bazaar/ (que é unha ferramenta de control de
versións). Non teño claro se isto vai ser posible con CVS ou SVN :-( .
*PRESENTE:
*
En Rosetta incorpóranse as cadeas dende os CVS dos proxectos de
xeito periódico. Para o camiño contrario é precisa a sincronización
manual: débense descargar os ficheiros ".po" para mandarllos ao
coordinador.
*ROSETTA - TRASNO:
*
Polo de agora non houbo contribución dende o "equipo de tradutores
ao galego de Ubuntu" a Trasno que eu saiba (anque son o
administrador deste equipo, calquera pode traducir unha aplicación,
crear os ficheiros ".po" e mandarllos ao coordinador). Hai dous
motivos fundamentais:
* A novidade do propio equipo e a falla de sincronización:
solicitei polo menos tres veces a creación dunha lista de
correo en Rosetta, e ainda non tiven resposta. A propia
reactivación de Trasno pode solucionar este problema.
* A falta de novas de Trasno: Non tiña moi claro a quen debería
mandar as posibles contribucións ou con quen me debería
sincronizar.
Por outro lado propuxen a discusión nesta lista da posibilidade de
utilizar Rosetta (ou de Pootle -ferramenta parecida-) como
ferramenta de tradución "recomendada" polo proxecto Trasno, pero non
houbo resposta.
Un saúdo.
Felipe.
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno