O Xoves 01 de Xuño de 2006 ás 13:24, nacho dicía:

>non é a primeira vez que me din. "Pero ti para que traduces software ao galego
>sen recibir nada a cambio? Se ninguén vai empregar a túa traducción..."

        Seguindo co que acabo de dicir na mensaxe anterior, aquí é onde se
ve a vantaxe do funcionamiento do mundo do software libre: podes ter a
certeza de que esas traducións que ti fas a galego, acabarán en calquera
distribución de Linux de todo o mundo.

        E se un galegofalante está en Australia e descarga un Linux de
Mandriva ou Debian, poderá instalalo en galego, e poderá configurar o seu
GNOME ou o seu KDE para que fale en galego, ao mesmo nivel que o resto de
linguas.

        E todo iso, sen falaren de nós nos xornais :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a