Daniel Muñiz Fontoira escrebeu: > O caso é, que quere dicir exactamente? que está parado? descontinuado? > averiado? roto?
A frase en cuestión di o seguinte: Os mais importantes [defeitos do programa] son os relacionados con improbábeis, mais posíbeis "Crashes". Onde crashes refere-se a que: 1) o programa deixa de respostar ao usuário, por moito que se espere (e desespere), ou o que é mais usual en LyX 2) o programa se fecha de motu próprio, deixando ao usuário con cara de parvo (Afortunadamente o LyX tenta gravar, e case sempre o consegue, unha versión de emerxéncia do(s) documento(s) cos que se está a traballar). Jacobo Tarrio escrebeu: > Normalmente refírese a programas que fallan e rematan de xeito inesperado, >así que adoito traducilo como "o programa fallou" ou "o programa rematou por >mor dun fallo". Concordo, mais cal é o sustantivo correspondente. Fallo xeral?, fallo fatal?, remate catastrófico? Por outra banda é evidente que os programas non sofren realmente "crashes", non baten contra nada, ou sexa que o uso de crash en inglés é metafórico. Se utilizamos o mesmo achegamento ao problema poderiamos traducir to crash: esnafrar-se crashed program: programa esnafrado a crash: unha esnafradura Un saudo Ramon _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

