O Luns, 16 de Outubro de 2006 16:22, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu: > Na tradución dun manual de LyX topei-me com crash e crashed, e teño dúbidas > en como traduci-los. > En todo caso gostaria saber se xa tedes tradución para o par de termos, ou > se non cal vos parece mellor. Que boa!, xusto veño de pechar o catalog manager, e saltou-me o xestor de erros dicindo que se estragara!.....
A ver, que consultando nas aparicións da palabra "crash" nos ficheiros de kde, atopei as seguintes coincidendias: Para a expresión "Crash Handler": -Xestor de fallos, -Manexador de acidentes, -Xestor de acidentes, -Manexador de fallos, -Manexador de erros. Para a expresión "Crash sessions": -sesións perdidas. Para a expresión "Crash recovery": -recuperación de caídas. Para "crashes" con independéncia da expresión: -Caídas, -Petes, -Estragos, -Se se estraga. Para "crashed" con independéncia da expresión: -Caeu, -Flipou-se (esta é miña), -Colgado (esta é miña, e xa sei que está mal), -Estragouse, -Acidentada, -Fallou, -Estragado, -Estoupou, -Fallar, -Quedar bloqueado. Para "crash" con independéncia da expresión: -Peche involuntario, -Erro, -Flipar-se (idem), -Colgar (idem), -Fallo, -Cae, -Estrago, -Rebentar, -Bloqueado. Parece ser, quitando as veces en que me aburria moito, que a tendéncia é a usar "erro", "fallo", "estrago", e o verbo "estragar" ou "cair". A min, (á parte de que a min os programas unhas veces flipan-se-me nas maos, outras petan-se-me e outras estoupan-me) non me gosta usar "erro" neste contexto, dado que é o que uso para "bug". Deste xeito, unha aplicación falla ou estraga-se de cando en vez, e se se estraga, o xestor de fallos informa-me do incidente. Para outra xente, as aplicacións caen, e se cain, o xestor de acidentes informa-os. En resumo: ti escolles. Eu voto por "estragar" e derivados. -- Best Regards MV ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpzIRwmKCORi.pgp
Description: PGP signature

