Em Segunda 16 Outubro 2006 16:22, o José Ramom Flores d'as Seixas escreveu: > Na tradución dun manual de LyX topei-me com crash e crashed, e teño dúbidas > en como traduci-los. No vocábulario que aparece na páxina de trasno non > aparece, mais se cadra algun de vós xa teña traducido estes termos.
> En todo caso gostaria saber se xa tedes tradución para o par de termos, ou > se non cal vos parece mellor. Ao final decidin-me por utilizar unha perífrase un tanto longa. Por se alguén lle interesar ao final escrebin todo isto: De entre tais comportamentos defeituosos, os máis perigosos, se ben improbábeis, son os que levan a que o programa se feche inesperadamente, sen lle pedir opinión ao usuário. Outros defeitos que a equipa do LyX considera importantes son os relacionados coa interface de usuário; asi son especialmente úteis as indicacións de partes da interface do LyX que acha confusas ou pouco claras. Para traducir: Crashes, though rare, can happen. User interface problems are considered major bugs by the LyX team: especially helpful are indications of parts of the LyX interface you find confusing, or unclear. A tradución está já no SVN do proxecto LyX, mais até que saia unha nova versión non aparecerá nun pacote oficial. Un saudo Ramom _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

