Daniel Muñiz Fontoira escrebeu:
O caso é, que quere dicir exactamente? que está parado? descontinuado?
averiado? roto?
A frase en cuestión di o seguinte:
Os mais importantes [defeitos do programa] son os relacionados con
improbábeis, mais posíbeis "Crashes".
Onde crashes refere-se a que: 1) o programa deixa de respostar ao usuário, por
moito que se espere (e desespere), ou o que é mais usual en LyX 2) o programa
se fecha de motu próprio, deixando ao usuário con cara de parvo
(Afortunadamente o LyX tenta gravar, e case sempre o consegue, unha versión
de emerxéncia do(s) documento(s) cos que se está a traballar).
Jacobo Tarrio escrebeu:
Normalmente refírese a programas que fallan e rematan de xeito inesperado,
así que adoito traducilo como "o programa fallou" ou "o programa rematou por
mor dun fallo".
Concordo, mais cal é o sustantivo correspondente. Fallo xeral?, fallo fatal?,
remate catastrófico?
Por outra banda é evidente que os programas non sofren realmente "crashes",
non baten contra nada, ou sexa que o uso de crash en inglés é metafórico. Se
utilizamos o mesmo achegamento ao problema poderiamos traducir
to crash: esnafrar-se
to crash: escachar