2008/5/13 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> O Martes, 13 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
> > Eu tampouco entendo o das outras asociacións, pero isto mencionouno
> > alguén, non eu. Supoño que foi cando se falou do papeleo, que igual
> > seria mellor integrarnos nunha estructura que o fixera por nós, que
> > somos voluntarios non escravos da administración...
>
> Pois si, así foi, iso saiu cando falamos fora, o domingo. O principal
> argumento a favor de non iniciar unha nova asociación é evitar o lío do
> papeleo.
> De cara a integrarse con outra asociación, sairon as ciberirmandades porque
> eles teñen unha área de tradución, e hai xente de trasno con boas
> experiencias con eles.
> Eu vexo máis doado e rápido xuntar o traducif con trasno nun único portal,
> administrado á vez por tarrío e pola xente das cif, que forneza wiki +
> repositorio + glosario + base de datos de tradución + interface
> administrativa + editor de ficheiros po + contas shell.

Tarrío igual quere deixalo nas túas mans :)

- Wiki: si
- Repositorio: de que??
- Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se se libera?
- Base de datos de tradución: por isto entendo un servidor de TM, e
logo o de Mancomún?
- Interface administrativa: para administrar que?
- Editor de ficheiros po: por isto entendo un Pootle, supoño que
habería que tirar a fusionar isto co de Mancomún, pero igual os de
Traducif queren manter o seu propio...
- Contas shell: ???

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a